O departamento de Lingua Galega organizou o visionado da película "O Corno" nos Cines Cristal de Lugo, nun pase particular para o alumnado de 1º e 2º da Bacharelato do noso centro. IMAXES.
Do 8 ao 12 de xaneiro boa parte do alumnado de Francés de 3º e 4º da ESO viaxou ata a capital francesa, acompañados pola súa profesora, María José, e pola titora de 3º, Fernanda Follana. E así relatan a súa experiencia: "Tras moito tempo pensando, planeando e recaudando fondos para a excursión, o día 8 de xaneiro voamos cara a París. Deixando de lado o imprevisto da perda de maletas e o intenso frío, podemos asegurar que estivemos a coñecer unha cidade preciosa, chea de elegancia grazas aos xardíns do Pazo de Versalles, incriblemente iluminada polas luces da Torre Eiffel, clásica como as maxestosas salas do Museo do Louvre. Rica en cultura, moi ben reflectida na Conciergerie e no Museo de Les Invalides. Con fermosas rúas apreciables desde as alturas da Torre Montparnasse e do Arco do Triunfo. Inundada das últimas tendencias da moda nas Galerías Lafayette. En resumo, podemos dicir que foi unha viaxe marabillosa e que recordaremos sempre!" PREME AQUÍ para ver algunhas imaxes do grupo.
Para consultar as programacións didácticas das materias que se imparten no IES de Becerreá no curso 2024-2025 pódese acceder á aplicación PROENSe seguir estes pasos:
Premer no menú Consulta pública e escribir 27016315 no Código do centro.
Elixir a Ensinanza (secundaria ou bacharelato) e seleccionar o Curso.
Premer no botón Buscar programacións e escoller a materia na listaxe inferior.
Durante a semana do 25-N celebramos no noso centro unha exposición de fotografías realizadas por alumnas con mensaxes alusivas a esta realidade. Tamén Tamén se desenvolveu un obradoiro, orientado a alumnas e alumnos de 2º e 4º, centrado sobre o tema da violencia de xénero en contornas virtuais. Noutra charla, realizada dentro do Plan Director para a Convivencia e desenvolta polo formador da Garda Civil Héctor Méndez, para o alumnado de 3º da ESO, abordáronse as causas da mesma, as variantes que esta violencia presenta e os datos estatísticos máis reveladores deste tráxico fenómeno (IMAXES da exposición e das conferencias). Por outra banda, o alumnado de Latín e Grego realizou unha serie de podcasts nos que estudan e explican as desigualdades de xénero nas civilizacións grega e romana, que podes escoitar AQUÍ.
Coma todos os cursos, e baixo o auspicio do programa "Xogade", tivo lugar o encontro escolar de bádminton entre o alumnado da ESO dos centros da comarca e o alumnado de 2º do noso centro. Participaron alumnas e alumnos dos CPI de Pedrafita, Navia, O Courel, Cervantes (centro anfitrión) e o IES de Becerreá. Despois dun torneo individual e outro de dobres (parellas constituídas por alumnado de distinto centro), quédanos, sobre todo, o recordo dunha magnífica xornada de saudable convivencia entre todos e todas as participantes, @s que agradecemos a súa actitude nestas xornada, por enriba da súa aptitude. ESTAS SON AS IMAXES máis destacadas do noso alumnado.
Aquí tes o vídeo da nosa celebración do Magosto 2023. Este ano, como novidade, contamos coa actuación de "Cé Orquestra Pantasma", que nos amenizou a festa dun xeito pouco común e, desde logo, con gran divertimento. Foi unha celebración pasada por auga, pero César e o noso alumnado déronlle colorido e calidez. E, como sempre, non esquecemos o agradecemento ao alumando de 4º pola súa coordinación e a todas e todos os que aportaron as castañas, imprescindibles nesta festa.
Polo noso centro pasaron Ariadna, Alejandro, Manuel e Adrián para explicar ao alumnado de 3º da ESO o proceso de desenvolver, producir e realizar unha longametraxe documental baseándose na súa experiencia, desenvolvendo a historia das "Movidas" (VER FOTOS). O obxectivo é darlles a coñecer as "Movidas da Fonsagrada" (ano 1992), así como animar ao alumnado a mirar ao seu arredor e facer cinema co que teñan a man (os teléfonos móbiles son ferramentes útiles para gravar e editar). Así puxenron en común con nós a idea orixinal que hoxe é o filme "360 Curvas",un proxecto de longametraxe que acaba de recibir a máxima puntuación nas Axudas ao Talento Audiovisual Galego da Axencia Galega de Industrias Culturais.
O alumnado de latín e grego do IES de Becerreá puido aproveitar o día de hoxe para realizar dúas visitas de interese: primeiro, ao santuario romano dedicado á deusa Cibeles de Bóveda de Mera, único polas súas características na Penísula Ibérica; despois, á fortaleza medieval de San Paio de Parla, onde aprenderon sobre a forma de vida e labores da Idade Media e puideron observar documentos antigos en latín. AQUÍpodes ver as imaxes das visitas.
O martes 31 de outubro tivo lugar a celebración desta festividade. Como podes ver no vídeo, pola mañá parte do alumnado da materia de Oratoria de 3º da ESO narrou o relato de terror que crearon, coordinados polo seu profe da materia (Alexandro), tomando como ideas para a súa confección os seus propios pesadelos ou experiencias. Deseguido, Alexandro impartiu unha charla (informal) sobre a orixe e significado dos personaxes de terror máis salientables da cultura e literatura universal. Pola tarde, o alumnado de 3º participou nunha "scape room" na nosa "aula do terror". Con antelación leran o relato de Castelao "Un ollo de vidro", para poder seguir as pistas que se lles presentaban e finalizar con éxito o reto. A aventura foi dirixida por Iria, Fernanda, Daniel e Luz. Aquí podes ver as fotos destoutra actividade.