SAMAÍN NO IES DE BECERREÁ

O martes 31 de outubro tivo lugar a celebración desta festividade. Como podes ver no vídeo,  pola mañá parte do alumnado da materia de Oratoria de 3º da ESO narrou o relato de terror que crearon, coordinados polo seu profe da materia (Alexandro), tomando como ideas para a súa confección os seus propios pesadelos ou experiencias. Deseguido, Alexandro impartiu unha charla (informal) sobre a orixe e significado dos personaxes de terror máis salientables da cultura e literatura universal. Pola tarde, o alumnado de 3º participou nunha "scape room"  na nosa "aula do terror". Con antelación leran o relato de Castelao "Un ollo de vidro", para poder seguir as pistas que se lles presentaban e finalizar con éxito o reto. A aventura foi dirixida por Iria, Fernanda, Daniel e Luz. Aquí podes ver as fotos destoutra actividade.