DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Durante a semana do 25-N celebramos no noso centro unha exposición de fotografías realizadas por alumnas con mensaxes alusivas a esta realidade. Tamén Tamén se desenvolveu un obradoiro, orientado a alumnas e alumnos de 2º e 4º, centrado sobre o tema da violencia de xénero en contornas virtuais. Noutra charla, realizada dentro do Plan Director para a Convivencia e desenvolta polo formador da Garda Civil Héctor Méndez, para o alumnado de 3º da ESO, abordáronse as causas da mesma, as variantes que esta violencia presenta e os datos estatísticos máis reveladores deste tráxico fenómeno (IMAXES da exposición e das conferencias). Por outra banda, o alumnado de Latín e Grego realizou unha serie de podcasts nos que estudan e explican as desigualdades de xénero nas civilizacións grega e romana, que podes escoitar AQUÍ.

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES