O GRUPO DE TEATRO DOWN LUGO REPRESENTA NO IES DE BECERREÁ

O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO tivo a oportunidade de asistir á representación da obra "21/3", levada a cabo polo grupo de teatro nacido no seo da Asociación Síndrome de Down de Lugo. Dirixidos por Paloma Lugilde, as actrices e actores presentaron ao noso público, a traves da súa representación, as súas inquedanzas (como somos vistos?, somos aceptados?, como deberían vernos?, ...) e as súas aspiracións. Ao remate da representación tivemos a oportunidade de establecer un diálogo de achegamento duns aos outr@s. Agradecemos ao grupo que escollera o noso instituto para reprentar esta obra nun centro educativo por primeira vez e por darnos a oportunidade de desenvolver unha experiencia inusual e moi educativa para todos e todas. Estas son algunhas IMAXES do evento.

O GRUPO DE TEATRO DOWN LUGO REPRESENTA NO IES DE BECERREÁ

OBRADOIRO DE ESCRITA A PROL DO GALEGO.

INFÓRMATE AQUÍ da actividade desenvolta co obradoiro "Desata a lingua" realizado por Ana Carreira co noso alumnado de 2º da ESO.

ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ COLABORARÁ NO PROXECTO "GALICIA NOMEADA"

O día 19 de outubro tivo lugar no noso centro unha charla organizada polo Concello de Becerreá e desenvolta polo filólogo da Real Academia Galega (RAG) Vicente Feijoo, dentro do programa de promoción da lingua galega "Toponimízate", que está coordinado desde a RAG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O alumnado de 2º, 3º da ESO e 1º de Bac tivo a oportunidade de coñecer os rasgos xerais da toponimia galega en xeral e do seu valor como patrimonio inmaterial, ademais de obter información clarificadora da orixe dalgún dos topónimos do propio concello de Becerreá. A partir desta experiencia, o alumnado do centro, coordinado polo departamento de Lingua Galega, colaborará activamente no coñecemento e pervivencia da microtoponimia local a través da plataforma "Galicia Nomeada".

OS FROITOS DO OUTONO NA COCIÑA DOS ROMANOS

O alumnado de latín traballou coa obra do autor romano Apicio, De re coquinaria, e seleccionou algunhas receitas e información sobre os froitos que utilizaban os romanos para a elaboración dos seus pratos estrela. Aproveitando que estamos en outono, fixeron unha pequena exposición con curiosidades da Antiga Roma e froitas deste tempo. PREME AQUÍ para ver as imaxes da exposición e da súa elaboración.

OS FROITOS DO OUTONO  NA COCIÑA DOS ROMANOS

EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE LATÍN E GREGO

O alumnado das materias de Latín e Grego de 4º da ESO e dos dous cursos de Bacharelato recrearon papiros antigos con helenismos e latinismos, inscricións nas lingua clásicas facilmente recoñecibles e mesmo empregadas na actualidade. O obxectivo da práctica é o de achegar estas linguas a todo o alumnado do centro, afondando nos soportes e vías de transmisión destas linguas. PREME AQUÍ para ver as imaxes dos traballos expostos.

EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE LATÍN E GREGO

A BIBLIO DO CENTRO COMEZA A SÚA ANDAINA DE NOVO.

Podes consultar na conta de Instragram da biblioteca como se desenvolveu o acto que sinalaba a apertura "oficial" da biblioteca neste curso 23-24.

O PROXECTO TRANSVERSAL "BECERREÁ NO TEMPO" DURANTE O O CURSO 22-23

Durante o curso que agora remata púxose en marcha o proxecto transversal "Becerreá no tempo". A última actividade realizada tivo lugar o venres 23 de xuño, para levar a cabo o primeiro "City tour" da vila. Nesta iniciativa desenvolta durante o curso participou activamente o alumnado e 4º de ESO. PREME AQUÍ para coñecer o éxito e os detalles desta última actividade do programa por este curso. O desenvolvemento de novas fases do proxecto terá lugar no vindeiro curso 23-24.

VII PREMIO IES BECERREÁ Á DIFUSIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA NOS ANCARES

Premio outorgado este ano á Asociación Cultural Os Xardois e á actriz barallense, e exalumna do centro, Carmen Méndez Lamas. INFÓRMATE AQUÍ dos detalles, e tamén podes ver estas FOTOS do acto, ademas do vídeo que insertamos aquí.

IGNACIO CABARCOS, PROFESOR DO CENTRO, PUBLICA DOUS ARTIGOS SOBRE A VÍA ROMANA XIX

O profesor de Historia do noso centro vén de publicar dous artigos sobre a Vía Romana XIX, no seu tramo polas terras dos Ancares, na revista "LVCENSIA", a cuxo Consello de Redacción lle agradecemos que nos permita compartir aquí os dous traballos. 

O primeiro deles, que podes desacargar AQUÍ, é o titulado "A pervivencia da vía romana XIX na Idade Media e a vertebración da Terra de Cervantes",  publicouse en Lucensia, Miscelánea de Cultura e Investigación, nº 64 (vol. XXXII, Lugo 2022, pp. 171-194). 

ENCONTRO ESCOLAR COMARCAL DE BALONCESTO 3X3

Por primeira vez nestes encontros deportivos e convivencias no que participa alumnado da ESO da Montaña Lucense, e que se desenvolven ao abeiro do programa "Xogade", tivo lugar este torneo de baloncesto 3x3 no polideportivo municipal de Becerreá, no que participaron, como é habitual, alumnas e alumnos dos centros de San Román, Courel, Navia, Pedrafita e Becerreá (de 3º e 4º, no noso caso). Para aumentar a orientación convivencial e lúdica desta actividade mesturouse alumnado dos distintos centros en todos os equipos, tanto na categoría feminina como masculina. AQUÍ quedan as imaxes que reflicten o ambiente do encontro. Era o primeiro, pero tendo en conta o resultado, haberá máis torneos de baloncesto con esta fórmula. Vémonos no seguinte!

ENCONTRO ESCOLAR COMARCAL DE BALONCESTO 3X3
Distribuir contido