O profesor de Historia do noso centro vén de publicar dous artigos sobre a Vía Romana XIX, no seu tramo polas terras dos Ancares, na revista "LVCENSIA", a cuxo Consello de Redacción lle agradecemos que nos permita compartir aquí os dous traballos. O primeiro deles, que podes desacargar AQUÍ, é o titulado "A pervivencia da vía romana XIX na Idade Media e a vertebración da Terra de Cervantes", publicouse en Lucensia, Miscelánea de Cultura e Investigación, nº 64 (vol. XXXII, Lugo 2022, pp. 171-194). No segundo traballo publicado, "A vía romana XIX polos Ancares: o Comeal-Pontes de Gatín", aparecen no nº 63 (vol. XXXII, pp. 123-134) de Lucensia, Miscelánea de Cultura e Investigación, contou coa colaboración doutros dous profesores do centro, Fernanda Follana e Ramón Gutiérrez. Descarga AQUÍ este traballo de colaboración dos tres docentes. Os parabéns aos tres compañeiros pola publicación e o agradecemento ploa importante tarefa de divulgar a importancia e pegada histórica na nosa comarca desta importante vía de comunicación da Roma imperial.
|
|||