CELEBRACIÓN DO "DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA" DESDE A BIBLIOTECA DO IES DE BECERREÁ

PREME AQUÍ para coñecer a iniciativa desenvolta e coordinada desde a Biblioteca do IES de Becerreá para conmemorar, o 21 de marzo, o "Día Internacional da Poesía".

CELEBRACIÓN DO "DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA" DESDE A BIBLIOTECA DO IES DE BECERREÁ

EXALUMNOS/AS DO IES DE BECERREÁ TRIUNFAN NA FASE CLASIFICATORIA DO PARLAMENTO XOVE UNIVERSITARIO.

Os catro exalumnos/as do noso  centro que se poden ver na foto participaron o sábado 18 de marzo na fase clasificatoria deste torneo de debate (https://xuventude.xunta.es/parlamento-xove), dentro da modalidade que acolle ao alumnado universitario. Repártense en dous equipos distintos. Así, Lucía García, Marcela Miñambres e Alba Busto forman parte do mesmo equipo, que comparten con outro antigo participante neste torneo como estudante de Secundaria e Bac doutro centro lucense. Pola súa parte, Xoel forma parte dun equipo ao que se suman outras tres compañeiras súas da Facultade de Xornalismo. Este último equipo acadou o primeiro lugar nesta fase clasificatoria, na que se seleccionan os equipos que acudirán á fase final (a desenvolver no Parlamento de Galicia). Pola súa parte, o equipo das tres exalumnas acadou o terceiro posto, polo que teremos oportunidade de ver aos catro na fase final de Santiago.

EXALUMNOS/AS DO IES DE BECERREÁ TRIUNFAN NA FASE CLASIFICATORIA DO PARLAMENTO XOVE UNIVERSITARIO.

REMATA A FORMACIÓN DO NOVO ALUMNADO MEDIADOR EN CONFLITOS ESCOLARES

Nos meses de xaneiro, febreiro e marzo desenvolveuse este curso de formación no que participaron voluntariamente 10 alumnas e alumnos do noso centro, que agora pasarán a engrosar o grupo de mediación en conflitos escolares do instituto, sumándose aos tres mediadores e mediadoras que aínda permanecen en activo desde a renovación anterior. Estas novas incorporacións garanten o funcionamento deste grupo durante os próximos cursos, o que resulta fundamental para manter un ambiente de convivencia que nos permita a todos e todas desenvolvernos satisfactoriamente no centro. Aínda que na foto hai dúas ausencias, aquí podedes ver ao grupo coa súa formadora, Berta, quen xa tiña colaborado con nós na formación do primeiro grupo de mediadores/as, no ano 2015. O noso agradecemento a Jimena, Iván, Cristina, Laura Núñez, Laura Montaña, David Montaña, Robert, Mito, David Alonso e Álex, polo traballo desenvolto nestas 6 sesións de formación e pola vontade amosada de axudar desinteresadamente aos compañeiros e compañeiras do centro cando sexa preciso ese apoio.

REMATA A FORMACIÓN DO NOVO ALUMNADO MEDIADOR EN CONFLITOS ESCOLARES

VIAXE DO ALUMNADO DE 2º DE BAC DE RELIXIÓN A SAMOS E MONFORTE

Parte do alumnado desta materia de 2º de Bac visitou o luns 13 de marzo a Abadía de Samos, acompañados por Margarita, a súa profesora, e Melissa, a auxiliar de conversa destinada no centro este curso. E unha vez en Monforte de Lemos, acudiron ao Mosteiro das Clarisas, Escolapios, á Torre do Homenaxe do castelo (actual Parador) e ao Barrio da Xudería, así como ao Museo de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra. AQUÍ podes ver imaxes desta actividade.

VIAXE DO ALUMNADO DE 2º DE BAC DE RELIXIÓN A SAMOS E MONFORTE

O 8M 2023 NO IES DE BECERREÁ

O EQUIPO DE DEBATE DA ESO ACADA O PRIMEIRO POSTO NA FASE CLASIFICATORIA DO PARLAMENTO XOVE 2023

Como podes ver na imaxe, o equipo do IES de Becerreá acadou o primeiro posto na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2023 na categoría da ESO, despois de vencer nos tres debates realizados. Nesta primeira fase participaron un total de 24 equipos e 96 alumnas e alumnos. No primeiro encontro debatiron contra o equipo do "Colexio Internacional SEK-Atlántico". No segundo impuxéronse ao "Colexio San José", tamén lucense. No último, tiveron como contrincantes aos rapaces e rapazas do "Colexio Plurilingüe Santa María". Os máis sinceiros parabéns para Laura Montaña, Laura Núñez, David, Samuel e Xulio, que terán que acudir agora á fase final do torneo que, coma sempre, se desenvolverá no Parlamento de Galicia en Compostela.

O EQUIPO DE DEBATE DA ESO ACADA O PRIMEIRO POSTO NA FASE CLASIFICATORIA DO PARLAMENTO XOVE 2023

COMEZA O TORNEO DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE" PARA O EQUIPO DA ESO DO IES DE BECERRREÁ

Como xa é habitual unha vez chegado marzo, o IES de Becerreá comeza a súa andaina por unha nova edición do torneo de debate escolar "Parlamento Xove" (https://xuventude.xunta.es/parlamento-xove). Neste caso, comeza a fase clasificatoria do mesmo na categoría da ESO, na que está inscrito o equipo formado por David Montaña, Laura Montaña, Laura Núñez (os tres de 3º da ESO) e Samuel Miñambres (de 4º), coordinados polo profesor Xulio Teixeiro. Por primeira vez desde a súa posta en marcha, esta primeira fase do torneo celébrase no Carballiño (na Residencia do Tempo Libre), e non na Coruña como era habitual. O tema de debate é "Está preparado o Estado do Benestar para afrontar os desafíos do envellecemento da poboación?" Atendendo aos resultados obtidos ata agora, seguramente vexamos a este equipo debatindo na fase final, así que moito ánimo para as nosas rapazas e rapaces, desexando que disfruten desta oportunidade única para amosar as súas competencias oratorias desenvoltas nestes meses pasados de preparción. 

COMEZA O TORNEO DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE" PARA O EQUIPO DA ESO DO IES DE BECERRREÁ

UN ALUMNO DO IES DE BECERREÁ É O ÚNICO REPRESENTANTE LUCENSE CLASIFICADO PARA A FASE FINAL DA "X OLIMPÍADA FILOSÓFICA"

O alumno de 3º da ESO, Carlos Corral, acadou a participación na fase final da X Olimpíada Filosófica de Galicia, á que só acoden 4 alumnos/as en cada unha das categorías, como se pode ver na imaxe. Isto danos unha idea precisa do logro conseguido por Carlos, a quen felicitamos e lle desexamos a mellor das sortes para o día 2 de marzo.

UN ALUMNO DO IES DE BECERREÁ É O ÚNICO REPRESENTANTE LUCENSE CLASIFICADO PARA A FASE FINAL DA "X OLIMPÍADA FILOSÓFICA"

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2023

Ademais do vídeo que se presenta, AQUÍ podes ver unha selección de imaxes da xornada do venres 17 de febreiro.

UNHA ALUMNA DE 1º DE BAC ACODE A UNHA CLASE MAXISTRAL SOBRE A FÍSICA DE PARTÍCULAS NA USC

Este é o propio relato da nosa alumna Sara de Alonso sobre a súa experiencia:

"O 10 día dez de febreiro fun a Santiago a unha clase maxistral sobre física de partículas, organizado por alumnas da Universidade De Santiago. Esta masterclass tiña a función de animar ás mulleres a estudar carreiras científicas, dándonos unha interesante charla sobre a física de partículas (aceleradores e detectores) e participamos activamente nunha investigación do CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas Elementais). Finalmente fixemos unha posta en común cos datos que obtivemos cada unha de nós durante a práctica".

Dentro do cículo vermello pódese ver a Sara acompañada do seu profesor de Física e Química, Antón Pérez.

UNHA ALUMNA DE 1º DE BAC ACODE A UNHA CLASE MAXISTRAL SOBRE A FÍSICA DE PARTÍCULAS NA USC
Distribuir contido