XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE ALUMNADO DE 4º DA ESO E MAIORES DE BECERREÁ

As alumnas e alumnos de 4º da ESO desenvolveron unha xornada de convivencia interxeracional cos maiores do Concello de Becerreá que acoden regularmente ao Centro Social da vila, que estivo coordinada desde a titoría do grupo e o departamento de Orientación. Xogos de mesa, relatos de experiencias vitais e un chocolate quente para aliviar as inclemencias dunha tarde de outono, foron as actividades centrais desta primeira experiencia entre alumnado do centro e persoas maiores da nosa contorna máis próxima. ESTAS son as imaxes máis destacables da xuntanza.

XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE ALUMNADO DE 4º DA ESO E MAIORES DE BECERREÁ

ALUMNADO DE RELIXIÓN DE BACHARELATO VISITA SANTIAGO

Nunha actividade organizada polo departamento de Relixión e que contou coa colaboración do departamento de Xeografía e Historia, o alumnado desta etapa visitou a Catedaral de Santiago de Compostela e o Mosteiro de San Martiño Pinario.  AQUÍ tes algunhas imaxes da visita, especialmente do percorrido polas cubertas da Catedral.

ALUMNADO DE RELIXIÓN DE BACHARELATO VISITA SANTIAGO

O IES DE BECERREÁ REXEITA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Este é o vído que amosa os actos celebrados para conmemorar o Día Internacional para a Elimincación da Violencia contra a Muller. Se queres ter máis información sobre o desenvolvemento dos acontecementos, PREME AQUÍ.

 

ALUMNADO DE RELIXIÓN DE 1º E 2º DA ESO VISITA A CATEDRAL DE LUGO

PREME AQUÍ para ver  unha pequena selección de imaxes da visita organizada polos departamentos de Relxión e Xeografía e Historia.

ALUMNADO DE RELIXIÓN DE 1º E 2º DA ESO VISITA A CATEDRAL DE LUGO

TORNEO COMARCAL DE BÁDMINTON ESCOLAR

Coma en cursos anteriores, de novo desprazámonos ata o CPI de San Román de Cervantes para compartir xornada deportiva e de convivencia co alumnado de secundaria deste centro e dos CPI de O Courel, Pedrafita e Navia de Suarna. Pola nosa parte, o grupo participante foi o de 2º da ESO (con algunhas ausencias). AQUÍ tes unha selección de imaxes das e dos participantes nesta xornada de deporte comarcal, sempre esperada con ilusión e desenvolta cunha máis que saudable convivencia. 

TORNEO COMARCAL DE BÁDMINTON ESCOLAR

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO 2022

 OBTÉN AQUÍ máis información sobre a celebración do Samaín.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER NO RURAL 2022 NO IES DE BECERREÁ

AQUÍ podes ler os detalles da celebración desta efeméride no noso centro, e AQUÍ podes ver algunhas imaxes deste acto.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER NO RURAL 2022 NO IES DE BECERREÁ

ALUMNADO DE 3º COLABORA NA LIMPEZA DE VERTEDOIROS E TREITOS DO RÍO SER EN VILELA (NAVIA)

O alumnado de 3º da ESO completou unha xornada de traballo cooperativo e solidario en Vilela (Navia de Suarna), nunha actividade organizada pola Asociación Ser, consistente na limpeza de dous antigos vertedoiros utilizados polas xentes que no seu día vivían nesta aldea ancaresa; na valoración das calidade das augas do Río Ser por medio da análise dos macroinvertebrados que se desenvolven no río e que son perfectos bioindicadores da calidade da auga (actividade levada a cabo por Ramsés e Lucía, membros de Adega); e, finalmente, na retirada de plásticos nun treito do río, que foron utilizados en tempos para a construción e mantemento de regas (PREME AQUÍ para ver algunhas imaxes da xornada).

ALUMNADO DE 3º COLABORA NA LIMPEZA DE VERTEDOIROS E TREITOS DO RÍO SER EN VILELA (NAVIA)

ENCONTRO POÉTICO CO ALUMNADO DE 1º DE BAC

PREME AQUÍ para coñecer a actividade na que participou o alumnado de 1º de Bac do noso centro, con motivo das residencias poéticas itenerantes "Ámeto Mítico", desenvoltas pola "Fundación Uxío Novoneyra".

EDICIÓN DIXITAL DA REVISTA "A REBOLA"

AQUÍ podes ver a revista "A Rebola", que edita o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro, e que recolle o máis salientable do curso 21-22 dentro da nosa comunidade educativa.

Distribuir contido