CONCERTO "MÚSICA E MEMES" NO IES DE BECERREÁ

AQUÍ tes toda a información, incluíndo imaxes e vídeo, deste peculiar concerto desenvolto no noso centro, patrocinado pola Deputación de Lugo.

ACTIVIDADES DESENVOLTAS RECENTEMENTE POLO EDL DO CENTRO

Premendo nos títulos das últimas actividades desenvoltas no centro coa coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Becerreá, poderás coñecer en que consistiu cada unha delas:

- LETRAS GALEGAS

- CORRELINGUA 2023

ACTIVIDADES DESENVOLTAS DESDE A BIBLIOTECA

Aquí quedan enlaces onde podes ver cales foron as últimas actividades e proxectos interdisciplinares desenvoltos desde a biblioteca do centro:

- BECERREÁ NO TEMPO.

- RUTA INTERPRETATIVA DAS CASAS ANTIGAS DE BECERREÁ.

- EXCURSIÓN DO ALUMNADO PARTICIPANTE NOS CLUBS DE LECTURA.

ANDAINA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

Esta actividade, organizada polo Departamento de Relixión e de Educación Física, contou coa participación do alumnado de 3º d 4º da ESO, e desenvolveuse entre a localidade de Peruscallo e a de Portomarín, cuns 14 kms de percorrido. O noso alumnado tivo a oportunidade non só de coñecer o tramo e as paisaxes polas que transcorre esta etapa do Camiño de Santiago, senón que moitos e moitas tamén aproveitaron para compartir tramos de marcha e conversas, algunhas en inglés cando a situación o requiría, con outros peregrinos/as que ese día realizaban a ruta. Despois dun descanso en Mercadoiro, chegamos ao destino para comer e descansar, antes de ser atendidos con moita amabilidade por Mario e Jesús, dous bos coñecedores da historia da súa vila que nos acompañaron para explicarnos a historia, e tamén a intrahistoria, máis recente da antiga vila anegada e do actual Portomarín, despois do seu traslado por mor da construción do embalse de Belesar. O noso agradecemento a eles polas atencións prestadas e os parabéns para o alumnado participante pola súa actitude responsable durante toda a xornada. FOTOS

ANDAINA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

PARTICIPACIÓN NO "CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE NA RESERVA NATURAL DOS ANCARES"

Alumnado das materias do Departamento de Economía participou nesta actividade, organizada desde a Deputación de Lugo e que contou con Jorge Fente como relator e coordinador do evento. Nunha primeira parte do campus, desenvolveuse un relatorio técnico no noso centro no que participou todo o alumnado da ESO e Bac das materias de dito departamento. A semana seguinte, o alumnado de materia de Economía de 4º da ESO e de 1º de Bac (que aparecen na foto) visitaron un par de emprendementos que se desenvolven dentro da Reserva Natural dos Ancares.  En concreto, acudiron a Piornedo para coñecer o proxecto que desenvolve a Cooperativa A Carqueixa e posteriormente achegáronse ata Navia para visitar as instalacións da "Casa Quiñones" e coñecer os detalles da súa actividade emprendedora no eido do turismo rural. AQUÍ podes ver todas as fotos do relatorio e vistas.

PARTICIPACIÓN NO "CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE NA RESERVA NATURAL DOS ANCARES"

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE ESOPÍAS

Por primeira vez organizouse no noso centro, coordinado polo Departamento de Matemáticas, un concurso de esopías, no que o alumnado participante tiña que elaborar un relato, comentario ou poema cun máximo de 141 carácteres, onde cada palabra leva un número de letras (non está permitido o uso de cifras) igual ás sucesivas cifras do número Pi. Estas son as primeiras cifras do número Pi:3.14159265358979323846264338327. A lonxitude de cada unha das palabras que formen a esopía será cada un destes sucesivos números, que en total suman 141 (a primeira palabra tería 3 letras, a segunda 1, a terceira 4, ...). O concurso organizouse en dúas categorías. Nunha delas participou alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO; na outra, o de 4º e 1º de Bac. Houbo tamén un premio especial para unha esopía elaborada en francés polo alumnado da materia de 3º da ESO.

O ALUMNADO DE 2º E 3º DA ESO ACODE Á ESTREA DO DOCUMENTAL "MULLER RURAL"

A visita a esta actividade, desenvolta na Casa da Cultura de Becerreá,  foi organizada dende as titorías destes cursos e o Departamento de Orientación do centro, en colaboración con Servizos Sociais do Concello de Becerreá. O documental está protagonizado por veciñas do concello de diferentes xeracións que contan a súa historia persoal sobre a conciliación da súa vida persoal coa laboral: facerse cargo do coidado de fillas/os e maiores, afrontar á vez traballos en diferentes sectores como a gandería ou a hostelería, e sen esquecer a xestión e organización da casa. O documental pon de manifesto os cambios sociais acontecidos nos últimos anos, ao tempo que resalta a necesidade de desenvolver avances aínda pendentes cara a unha igualdade real no referenta ás responsabilidades cotiás e a conciliación.  Con anterioridade á asistencia ao documental, o alumnado coñeceu o concepto de "conciliación" e algunhas alumnas prepararon preguntas e comentarios sobre o tema para participar activamente nun foro-conversa coas mulleres participantes e as traballadoras sociais do concello despois do visionado. Sen dúbida unha experiencia formativa para  todos e todas, baseada na realidade da nosa contorna.

O ALUMNADO DE 2º E 3º DA ESO ACODE Á ESTREA DO DOCUMENTAL "MULLER RURAL"

O ALUMNADO DE CIENCIAS DE BAC VISITA OS LABORATORIOS "AMSLAB"

Como vén sendo habitual, o departamento de Física e Química organizou unha nova visita a esta empresa lucense (www.ams-lab.com), laboratorios punteiros que se atopa no Polígono do Cea (Lugo) e que representa unha firma punteira dentro das análises física, química e biolóxica para unha ampla variedade de sectores industriais e comercias (moda, alimentación, industria farmacéutica, ...), con clientes de renome como Inditex, Loewe, Carolina Herrera ...

AQUÍ podes ver algunhas fotos, tanto do grupo ao completo como dun dos grupos nos que se dividiu ao total de asistentes para facer a visita máis didáctica e práctica nos distintos laboratorios da instalación. E, coma sempre, reiteramos o noso agradecemento ao persoal do laboratorio pola cálida acollida, polo esforzo informativo e a disposición en atendernos.

 

O ALUMNADO DE CIENCIAS DE BAC VISITA OS LABORATORIOS "AMSLAB"

PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN 2023

Este ano foi parte do alumnado de 3º e 4º da ESO o que participou neste evento ao que tradicionalmente acode o IES de Becerreá. Como os non participantes tiñamos vetada a entrada á zona de competición, non puidemos recoller fotos dos nosos alumnos e alumnas durante a proba, pero AQUÍ quedan alguhas fotos de grupo para a posteridade. E aínda que o máis importante de todo é a vivencia da experiencia en si mesma, AQUÍ podes consultar o nome dos/as participantes do noso centro e o tempo invertido en completar o circuíto. Parabéns a todos/as pola actitude coa que afrontaron e desenvolveron esta actividade.

PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN 2023

IGNACIO CABARCOS, PROFESOR DO CENTRO, PRESENTA O SEU ESTUDO SOBRE O MOSTEIRO MEDIEVAL DE SAN SALVADOR DE CANCELADA (CERVANTES)

PREME AQUÍ para informarte sobre o traballo de investigación desenvolto polo profesor de Xeografía e Historia do IES de Becerreá, Ignacio Cabarcos Fernández, sobre este desaparecido mosteiro cervantego medieval, que ofrece información inédita sobre o cenobio, destacando tamén a influencia da Vía Romana XIX na súa aparición e desenvolvemento.

IGNACIO CABARCOS, PROFESOR DO CENTRO, PRESENTA O SEU ESTUDO SOBRE O MOSTEIRO MEDIEVAL DE SAN SALVADOR DE CANCELADA (CERVANTES)
Distribuir contido