ESTE É O CALENDARIO no que se recollen as datas preferentes de matrícula para o vindeiro curso 24-25, período que abrangue desde o 25 de xuño (o 24 é festivo local en Becerreá) ata o luns 8 de xullo (incluídos). Prégase que se respecten estas datas preferentes para facilitar a tarefa de xestión das matrículas o dos servizos complementarios (transporte e comedor). A documentación necesaria para a matrícula será entregada previamente ao alumnado, pero, se fora necesario por calquera razón, tamén dispoñen dela na "secretaría virtual" da nosa páxina web. |
|||
Por segunda vez nestes encontros deportivos e de convivencia no que participa alumnado da ESO da Montaña Lucense, e que se desenvolven ao abeiro do programa "Xogade", tivo lugar este torneo de baloncesto 3x3 no polideportivo municipal de Becerreá. Coma sempre, participaron alumnas e alumnos dos centros de San Román, Courel, Navia, Pedrafita e Becerreá (de 4º da ESO no noso caso). Igual que na edición pasada, e co obxectivo de aumentar a orientación convivencial e lúdica desta actividade, mesturouse alumnado dos distintos centros en todos os equipos, tanto na categoría feminina como masculina. AQUÍquedan as imaxes que reflicten o ambiente do encontro. Vémonos no seguinte! |
|||
|
|||
49 alumnas e alumnos que participaron este curso nos distintos clubs de lectura do centro asistiron a unha viaxe organizada desde a biblioteca escolar. Unha viaxe en barco pola Ría de Ribadeo e a visita á Praia das Catedrais (con algún inesperado chapuzón incluído), e a outras da costa lucense, conformaron os actos centrais desta excursión para este grupo de lectoras e lectores dos distintos grupos da ESO. PREME AQUÍ se queres ver algunhas imaxes da viaxe. |
|||
Cun mes de maio repleto de actividades complementarias para o noso alumnado, aquí che deixamos imaxes destas catro actividades desenvoltas nestas semanas. AQUÍ están as fotos sobre a exposición e charla que explicaba a creación do cómic titulado O PASO DO NOROESTE, debuxado polo ilustrador viveirense Primitivo Marcos, e que se complementaba cunha segunda charla que levaba por título "Contar debuxando (banda deseñada, ilustración e Castelao)". IMAXES do Quiz sobre a vila de Becerreá. Alumnado da ESO e Bacharelato puxo a proba o seu coñecemento sobre a comarca, pero empregando a lingua inglesa, cun formato moi interactivo e participativo: o concurso de preguntas trivial. O mellor foron os goodies, ou premios que recibiron os / as gañadores e participantes neste singular concurso. |
|||
Alumnado da materia de Bioloxía de 1º da ESO e de Física e Química de 2º acudiron á localidade berciana para visitar o Pozo Julia, onde recibiron información sobre a actividade mineira e puideron coñecer as instalacións dun pozo. Ademais, visitaron outra vella explotación mineira, a Gran Corta, onde puideron observar e estudar fósiles de plantas duns 300 millóns de anos. AQUÍ podes ver as imaxes máis salientables desta interesante xornada. |
|||
|
|||
AQUÍ podes coñecer, desde a conta de Instagram da biblioteca, o resultado e gañadores/as desta novidosa actividade no noso centro, organizada desde a biblioteca escolar. |
|||
O martes 2 de abril este grupo de alumnas e alumnos do noso centro iniciaron a súa viaxe de estudos con destino a Andalucía, pernoctando en Salamanca na primeira xornada, desde onde continuarán ata Sevilla, centro da súa estancia nesa comunidade e desde a que visitarán Córdoba e Granada. Á volta, farán parada en Segovia para despois continuar viaxe ata Becerreá, a onde chegarán o luns 8 pola tarde. Están acompañados polos seus profesores Daniel e Alexandro, así como por Javo, o representante da axencia de viaxes encargada da organización da excursión. A todas e todos lles desexamos a mellor das experiencias e que esta sexa, co tempo, un inesquecible recordo. AQUÍ podes ver algunhas imaxes do grupo. |
|||
O alumnado de Latín e Grego do IES de Becerreá asistiu á XXIII edición do Festival de Teatro Grecolatino celebrado no auditorio Gustavo Freire en Lugo. Tiveron a oportunidade de ver a famosa traxedia 'Medea' da man da compañía teatral Noite Bohemia e de compartir a experiencia en compañía doutros centros de Galicia. Outra mostra máis de que a cultura clásica está presente no noso día a día! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »