UNHA EXPOSICIÓN SOBRE ILUSTRACIÓN DE NOVELAS GRÁFICAS, UN QUIZ EN INGLÉS, DÚAS OBRAS DE TEATRO EN INGLÉS E DOUS PREMIOS PARA DÚAS XOVENES ILUSTRADORAS DO CENTRO.

Cun mes de maio repleto de actividades complementarias para o noso alumnado, aquí che deixamos imaxes destas catro actividades desenvoltas nestas semanas.

AQUÍ están as fotos sobre a exposición e charla que explicaba a creación do cómic titulado O PASO DO NOROESTE, debuxado polo ilustrador viveirense Primitivo Marcos, e que se complementaba cunha segunda charla que levaba por título "Contar debuxando (banda deseñada, ilustración e Castelao)".

IMAXES do Quiz sobre a vila de Becerreá. Alumnado da ESO e Bacharelato puxo a proba o seu coñecemento sobre a comarca, pero empregando a lingua inglesa, cun formato moi interactivo e participativo: o concurso de preguntas trivial. O mellor foron os goodies, ou premios que recibiron os / as gañadores e participantes neste singular concurso.

AQUí podes ver imaxes das dúas obras de teatro interactivas en inglés representadas para o alumnado da ESO e 1º de Bac. A primeira, dirixida ao alumnado dos tres primeiros cursos da etapa obrigatoria titulábase "I Spy". A segunda, era unha versión moderna e moi divertida de "Romeo & Juliet".

PREME AQUÍ para ver as imaxes da entrega dos premios para Noa López (categoría de Bacharelato) e Noa Digón (categoría de 3º-4º da ESO), que acadaron como vencedoras das respectivas categorías dentro do "III Certame Escolar de Ilustración ilustrarNÓS", que organiza a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e no que se recolleron traballos de 150 participantes. Parabéns ás dúas alumnas por este recoñecemento.