COMEZA O TORNEO DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE" PARA O EQUIPO DA ESO DO IES DE BECERRREÁ

Como xa é habitual unha vez chegado marzo, o IES de Becerreá comeza a súa andaina por unha nova edición do torneo de debate escolar "Parlamento Xove" (https://xuventude.xunta.es/parlamento-xove). Neste caso, comeza a fase clasificatoria do mesmo na categoría da ESO, na que está inscrito o equipo formado por David Montaña, Laura Montaña, Laura Núñez (os tres de 3º da ESO) e Samuel Miñambres (de 4º), coordinados polo profesor Xulio Teixeiro. Por primeira vez desde a súa posta en marcha, esta primeira fase do torneo celébrase no Carballiño (na Residencia do Tempo Libre), e non na Coruña como era habitual. O tema de debate é "Está preparado o Estado do Benestar para afrontar os desafíos do envellecemento da poboación?" Atendendo aos resultados obtidos ata agora, seguramente vexamos a este equipo debatindo na fase final, así que moito ánimo para as nosas rapazas e rapaces, desexando que disfruten desta oportunidade única para amosar as súas competencias oratorias desenvoltas nestes meses pasados de preparción. 

COMEZA O TORNEO DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE" PARA O EQUIPO DA ESO DO IES DE BECERRREÁ