Cun 100% de aprobados na convocatoria ordinaria da ABAU desenvolta en xullo deste ano, o noso centro sitúase no 2º lugar entre os da provicia de Lugo, así como no grupo dos 10 primeiros de Galicia no que respecta ás cualificacións obtidas polo noso alumnado nestas probas. Despois da alteración que supuxo para todos nós a aparición da Covid-19 e das dificultades que tiveron que superar o profesorado, familias e alumnado de todos os niveis educativos, queremos transmitir os nosos parabéns ao alumnado de 2º de Bac, que nestas circunstancias amosaron compromiso e dedicación suficientes para superar o curso e posteriormente, aqueles e aquelas que optan por iniciar estudos de grao universitario, obter todos e todas un resultado positivo e destacado. Desexamos a Pablo D., Valeria, Bruno, Pablo F., Yolanda, Laura, Miguel, Elisa, Álvaro, Samara e Johana a mellor das sortes no proceso de admisión aos graos da súa elección e reiteramos a nosa felicitación pola súa actitude e polos seus logros.
O luns 29 de xuño un equipo do IES de Becerreá, de novo, accedeu á final da deste torneo galego de debate escolar, na categoría da ESO, proclamándose subcampión despois de desenvolver os debates da fase final por videoconferencia desde as instalacións do noso centro.
O equipo, composto por Alba, Ainhoa e Anne de 4º, Nerea de 3º e coordinado por Jesús, tivo que gañar dous debates para acadar a final. No primeiro enfrontouse ao IES A Xunqueira II (Pontevedra), accedendo tras a súa vitoria ás semifinais, onde se impuxo ao equipo do Colexio SEK Atlántico, de Poio (Pontevedra). Despois dun moi axustado debate na final, proclamouse campión o Colexio Sagrada Familia, de Vilagarcía de Arousa.
AQUÍpodes ver o eco que se fai a prensa sobre esta orixinal, emotiva e sinceira iniciativa lavada a cabo por Ainhoa durante a primeira semana do confinamento, para o que contou coa colaboración doutra exalumna do centro, Andrea Valle, quen pon voz á gravación recitando dous dos seus poemas. Parabéns e grazas ao mesmo tempo por esta inciativa e polo seu éxito nas redes sociais e medios de comunicación.
DESCARGA AQUÍ o artigo titulado "as secuelas do virus na educación que virá", e no que, xunto a pedagogos, docentes e representantes das familias, tamén participa o noso alumno Martín Gómez Souto, de 1º de Bacharelato. Publicado polo diario Faro de Vigo o domingo 3 de maio, trata de analizar, a través do punto de vista dos expertos e dos representantes da comunidade educativa, a influencia directa da situación desencadeada pola pandemia do Covid-19 e as consecuencias e cambios nun futuro próximo para o sistema educativo.
Deberíamos celebrar unha nova edición do "Día da Educación Física na Rúa", pero esta situación de confinamento obrigounos a vivir dun xeito distinto, e este vídeo reflicte como vive a actividade física unha parte do noso alumnado de 1º e 2º da ESO e como se adaptan as circunstancias para manterse activo, ao tempo que nos transmiten unha mensaxe de ánimo e unha actitude vital positiva co seu exemplo entusiasta. Algúns dos/as participantes aparecen co lema da xornada en inglés, xa que pertencen á Sección Bilingüe da materia no noso centro. Grazas a tod@s!!
Máscaras como as da foto foron xa entregadas ao Centro de Saúde e PAC de Becerreá (desde onde se repartiron tamén a outros centros da comarca, como o de San Román de Cervantes), así como ao centro xeriátrico de Baralla ou á oficina de Correso de Becerreá. Esta inciativa é compartida con outros centros da comarca e da provincia.
As máscaras son elaboradas polo profesor do Departamento de Tecnoloxía, Juan Carlos Rodríguez, quen solidariamente decidiu trasladar a pequena impresora 3D do instituto ao seu domicilio para poder elaborar estas proteccións durante o confinamento. Seguindo o patrón dispoñible para a impresión do soporte, unha vez realizado colócaselle finalmente a pantalla plástica (que se poden ir substituíndo facilmente e reutilizar a máscara), para o que se aproveitan tapas de encadernación e transparencias para fotocopiadora. Aínda que estas últimas están actualmente en desuso, teñen agora unha finalidade moi práctica e valiosa nesta situación de carestía de medios de protección para o persoal sanitario. O proceso continúa e haberá máis entregas na próxima semana. Quédanos agradecer a actitude e o esforzo solidario do noso compañeiro Juan Carlos, exemplo de decisións e actuacións desinteresadas que tanto axudan e se agradecen en tempos de alerta sanitaria.
Este vídeo recolle a celebración do Día Internacional da Muller 2020 no IES de Becerreá: a lectura dun manifesto, un vídeo e como acto central, a entrevista que cinco alumnas (Elba, Zaira, Ainhoa, Tamara e Alba) realizaron a unha muller moi especial, Benedicta Sánchez, que nos relatou unha traxectoria vital desenvolta desde a liberdade e desde a congruencia coas súas ideas.
AQUÍ podes ver unha intersante selección de fotos do acto.
O sábado 7 de marzo comezou o equipo do IES de Becerreá a súa andaina nesta nova edición do Parlamento Xove, na categoría da ESO. Está constituído por catro rapazas, tres de 4º, Alba, Anne e Ainhoa, e unha alumna de 3º, Nerea, actuando Jesús como profesor coordinador. Nesta primeira fase desenvolta na Coruña, o tema de debate era: "¿Deberían incrementarse as sancións para as persoas e empresas que non respecten o medio ambiente?"