Os dous equipos do IES de Becerreá (un na categoría da ESO e outro na de BAC) clasificados para a fase final desta edición do Parlamento Xove realizaron un brillante papel na mesma. Nos dous casos, acadaron as semifinais do concurso durante os debates que se celebraron o venres 3 e sábado 4 de maio, na sede do Parlamento de Galicia. Aínda que este ano non houbo vitoria, o resultado e magnífico pola regularidade nos resultados amosada ata o momento polos nosos equipos, o que referenda a calidade do esforzo realizado e da formación recibida para acadalos.
Ademais, durante estas dúas xornadas, celebrouse a primeira edición deste concurso de debate para alumando universitario, no que resultaron vencedores dous antigos alumnos do centro, Marcos Vilela e Pablo Montaña, ambos os dous estudantes na Facultade de Matemáticas de Santiago e con experiencia no concurso durante a súa etapa no centro (no caso de Marcos, con vitoria incluída).
Unha primevera máis acudimos a San Román de Cervantes para celebrar este encontro, no que participamos xunto cos CPI de Cervantes, Courel, Pedrafita e Navia. O noso alumnado de 4º da ESO participou na categoría masculina e feminina. Nesta última, axudadas por dúas compañeiras de Navia, para poder formar equipo, xa que este curso só catro alumnas forman parte do grupo.
Coma sempre, foi unha magnífica xornada de convivencia para os/as que acudimos, pero botamos de menos a J. Antonio, ao que unha apendicite impediu acudir, pero para que todos e todas poidades ver como nos foi, aquí quedan estas FOTOS.
Como centro educativio da comarca dos Ancares e debido ao proxecto interdisciplinar que, desde fai un par de cursos, desenvolvemos no IES de Becerreá sobre a Vía Romana XIX, alumnado do centro de 1º de Bac participou cunha pequena charla nesta interesante e atractiva iniciativa divulgativa e cultural. Nela expuxéronse parate do traballo desenvolto nestes dous anos. Se premes na imaxe, podes ver o programa completo e aquí podes ver algunhas IMAXES da intervención do IES de Becerreá.
Se premes na imaxe, terás toda a información desta carreira de orientación (en formato de laberinto) que o referido alumnado organiza na vila de Becerreá, co obxectivo de racaudar fondos para a súa viaxe de estudos, que se realizará na semana anterior ás vacacións de Semana Santa.
Durante o mes de marzo tiveron lugar as sesións de formación para a renovación do equipo de mediadoras/es en conflitos escolares, que funciona no noso centro desde o ano 2015. Nesta ocasión o éxito de convocatoria foi rotundo, xa que 21 alumnos e alumnas participaron nestas sesións e quedan agora integrad@s no equipo de mediación, para ir substituíndo progresivamente aos compoñentes máis veteran@s. Moitas grazas a tod@s pola súa disposición voluntaria á participación activa na mellora da nosa convivencia e moita sorte nas súas actuacións futuras.
O sábado 16 de marzo o equipo de 1º de Bac (Bece2), composto por Elisa, Pablo, Miguel e Antón, e coordinado pola profesora Ana Canabal, participaba por primeira vez nesta categoría, gañando un debate e saíndo derrotado nos outros dous, por unha estreita marxe de puntos. Pola súa parte, o equipo de 2º de Bac (Bece1), con Gabriela, Marcos, Paula e Xoel, coordinados por Xulio e recentes gañadores do "I Torneo Académico de Debate de Galicia", acadaron a primeira posición na clasificación desta fase, polo que se enfrontarán ao oitavo clasificado na fase final, que se desenvolverá en Santiago na primeira fin de semana do mes de maio.
Máis abaixo podes ver o vídeo e AQUÍ as imaxes que recollen os actos de celebración desta xornada especial: desde unha exposición coas figuras de mulleres galegas destacadas pola súa loita e compromiso cos seus dereitos, ata a actuación do grupo local "Son de Cores" interpretando pezas tradicionais desde o seu compromiso feminista, ata a intervención de alumnado de 1º de Bac, rematando coa participación conxunta de profesoras e alumnas do centro na reivindicativa interpretación da peza "Vai ti, vai ela".