NOVO "TICODIARIO" DO IES DE BECERREÁ.

Como xa é tradición, o alumnado de 1º de Bac visitou a Fundación TIC e realizaron unha nova edición do famoso "Ticodiario". Aquí queda o vídeo no que se recollen as ditintas seccións do mesmo e todas as intervencións do noso alumnado, incluíndo a sempre imprescindible, e neste caso divertida, información meteorolóxica.

PRESENTACIÓN NO CENTRO DO DOCUMENTAL "VÍA KÜNIG: 500 ANOS DE PEREGRINAXE"

O luns 20 de xaneiro foi presentado ao noso alumnado este documental, e tamén contamos coa presenza do alumnado de 6º de Primaria do CEIP San Xoán. Para a ocasión estivemos acompañados polo director da gravación, Jaime Pardo Valdés, e polo historiador e impulsor deste trazado, Javier Gómez Vila. Deste xeito, promocionouse entre nós esta vía de peregrinación xacobea alternativa, que quedou perfectamente detallada na guía de peregrinación escrita no ano 1495 polo seu creador, o monxe alemán Hermann Künig, e que transita por paraxes tan próximos a nós, entre outros, coma os do Concello das Nogais, Becerreá e Baralla. PREME AQUÍ para ver algunhas fotos do acto.

VIAXE DE ESTUDOS A PARÍS

Alumnado da materia de Francés de 3º, 4º da ESO e 1º de Bac iniciaron hoxe, domingo 12 de xaneiro, a súa viaxe de estudos acompañados pola profesora da materia, Mª José, e por Fernanda. Ata o venres 17 farán unha completa visita á capital francesa e outros lugares de interese (Versalles). Podes ir vendo AQUÍ as FOTOS máis salientables que nos vaian enviando. Esperamos que, despois do esforzo colectivo que desenvolveron para conseguir fondos cos que sufragar a viaxe, disfruten da experiencia como merecen!

VIAXE DE ESTUDOS A PARÍS

RESULTADO DO SORTEO DA TABLET PARA SUFRAGAR VIAXE DE ESTUDOS

Hoxe, venres 10 de xaneiro, procedeuse ao sorteo da tablet que se rifaba con motivo da viaxe de estudos que unha parte do alumnado de Francés realizará a París. O nº agraciado é o 0834. O posuidor/a da rifa ten un prazo de 10 días hábiles (contados a partir da data anterior) para presentala no centro e retirar o premio. En caso contrario, procederase a un novo sorteo.

FESTA DE NADAL NO IES DE BECERREÁ

Coma todos os anos, chegados ao remate do primeiro trimestres e ás portas das vacións de Nadal, no IES de Becerreá despedimos o ano cos tradicionais 12 Lacasitos ás 12:00 horas do último día de clase. Os actos festivos remataron coa tamén tradicional chocolatada e a desgustación de doces que vendían o alumnado da materia de Francés, co obxectivo de reacudar fondos para a súa excursión a París (xaneiro de 2020). Despois disto, tod@s acudimos ao que ben poderíamos chamar un pequeno "Concerto de Aninovo" (a diferenza do vienés, neste non se interpreta a "Marcha Radetzky"), no que interpretaron varios temas o alumnado de Música de 1º de Bac o o grupo de música tradicional "Obertura Galega!, composto por alumnado e profesorado do centro. Ademais do vídeo, AQUÍ poder ver algunhas fotos das celebracións.

O ALUMNADO DE 3º DA ESO VISITA A EXPOSICIÓN "CONVERXENCIAS ARTE E CIENCIA".

Nesta actividade organizada polos departamentos das materias de Bioloxía, Física e Química e Tecnoloxía, o noso alumnado de 3º da ESO visitou o Museo Provincial, no que se desenvolvía esta exposición. A proposta enmárcase dentro das actividades da Institución Galega de Ciencia, IGACIENCIA, para desenvolver o seu papel de plataforma de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade actual.
O obxectivo fundamental da exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á xente nova. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría Arte e Matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos polos.
Explorar esa interacción dinámica selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo, iniciando a viaxe na arte castrexa, centrándose especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e rematándoa con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais. PREME AQUÍ para ver as fotos da actividade.

PARTE DO ALUMNADO DE 1º DA ESO PARTICIPA NUNHA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

A Castromaior, no Concello de Portomarín, acudiron 10 alumnas e alumnos de 1º da ESO para participar na carreira de campo a través que se celebrou alí o domingo 1 de decembro, dentro do programa  de deporte en idade escolar "Xogade". Nunha xornada húmida, ventosa e fría estas rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de probarse a si mesmos/as nesta disciplina deportiva e con duras condicións climatolóxicas. A experiencia foi moi positiva, sobre todo se temos en conta que eramos o único centro educativo participando como tal, xa que os demais participantes formaban parte de clubs de atletismo e tiñan máis experiencia neste tipo de probas. Polo tanto, os nosos parabéns a este alumnado que acudiu voluntariamente á proba e non se arredou, pese a que a mañá invitaba máis a non desabrigarse. VER FOTOS.

PARTE DO ALUMNADO DE 1º DA ESO PARTICIPA NUNHA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO IES DE BECERREÁ

Un ano máis acudimos á cita desta importante efeméride coa vontade de sumarnos á denuncia e rexeitamento desta violencia machista. No primeiro vídeo que se insire, aparece o acto desenvolto a primeira hora da tarde no propio centro (ver fotos aquí), e que se levou a cabo diante do escenario composto por un panel con carteis de denuncia e zapatos feminios pintados de cor vermella, emulando á obra da artista mexicana Elina Chauvet, creada coa vontade de denunciar e remover conciencias contra o feminicidio que representa esta violencia específica.

EXPOSICIÓN E CHARLA NO IES DE BECERREÁ SOBRE ANTÓN FRAGUAS

AQUÍ tes o relato sobre esta exposición que glosa a figura e obra en Lugo do profesor Antón Fraguas, así como a charla desenvolta por un dos seus antigos alumnos,  o polifacético Xulio Xiz.

ALUMNADO DO CENTRO ACODE Á PROXECCIÓN DA INTERNACIONALMENTE PREMIADA PELÍCULA EN GALEGO "O QUE ARDE"

PREMENDO AQUÍ podes ver a iformación sobre esta actividade.

Distribuir contido