CELEBRACIÓN, DESDE O CONFINAMENTO, DO "DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA" (ANTES, "NA RÚA")

Deberíamos celebrar unha nova edición do "Día da Educación Física na Rúa", pero esta situación de confinamento obrigounos a vivir dun xeito distinto, e este vídeo reflicte como vive a actividade física unha parte do noso alumnado de 1º e 2º da ESO e como se adaptan as circunstancias para manterse activo, ao tempo que nos transmiten unha mensaxe de ánimo e unha actitude vital positiva co seu exemplo entusiasta. Algúns dos/as participantes aparecen co lema da xornada en inglés, xa que pertencen á Sección Bilingüe da materia no noso centro. Grazas a tod@s!!