O EQUIPO DA ESO DEBUTA NO "PARLAMENTO XOVE 2020"

O sábado 7 de marzo comezou o equipo do IES de Becerreá a súa andaina nesta nova edición do Parlamento Xove, na categoría da ESO. Está constituído por catro rapazas, tres de 4º, Alba, Anne e Ainhoa, e unha alumna de 3º, Nerea, actuando Jesús como profesor coordinador. Nesta primeira fase desenvolta na Coruña, o tema de debate era: "¿Deberían incrementarse as sancións para as persoas e empresas que non respecten o medio ambiente?"

Vencedoras nos dous primeiros debates, só foron derrotadas no último e por medio punto!! Non é posible máis igualdade. Como se pode ver neste cadro, o noso equipo clasificouse en 5º lugar grazas á puntuación total acadada, o que lle garante unha praza na fase final que se desenvolverá en Santiago durante o mes de abril. Un éxito e unha moi boa recompensa para este grupo de alumnas que se inicia nesta actividade. Parabéns ao equipo!! E na próxima fin de semana, será o turno para os dous equipos de BAC, que xa se atopan dando os últimos pasos da súa intensa preparación. Ánimo a todas e todos!!

AQUÍ podes ver algunhas imaxes do equipo durante esta xornada.

O EQUIPO DA ESO DEBUTA NO "PARLAMENTO XOVE 2020"