O martes 26 de outubro levamos a cabo a primeira das concentracións que se realizarán no IES de Becerreá para lembrarlle á Consellería de Educación que rexeitamos por completo a política de recorte de materias que está a aplicar e que ten graves e inmediatas consecuencias para o noso centro. Coa participación do profesorado, alumando, familias e representantes sindicais, e ataviados coa cor do loito, despregamos as pancartas e leuse o manifesto no que expoñemos o noso rexeitamento razoado ás medidas que supoñen a desaparición de materias no presente curso (pese a contar co profesorado necesario) e a máis que posible diminución da oferta nun futuro a curto prazo. DESCARGA AQUÍ o manifesto lido e AQUÍ as imaxes da concentración. E NESTE ENLACE podes consultar o tratamento da concentración nos medios de comunicación. |
|||