O venres pasado tiveron lugar a quinta e sexta sesións do proxecto de Contos do mundo que estamos a levar a cabo co noso veciño CEIP A Sangriña.
O alumnado de 1º de Bacharelato, acompañado da profesora Marisa Guerra, faloulles de Cuba e as súas narracións a rapazas e rapaces de 5º de Primaria; e o grupo de 2º de ESO B, xunto co profesor Juanra Torres, representarnon unha pequena obra de teatro chamada "Una momia muy responsable".
A continuación, tendes imaxes de ambas posta en escena, cedidas polo CEIP. Sempre podedes ampliar información no seu blog de biblioteca, BiblioPepiño.