O LUNS, 16 DE ABRIL ÁS CATRO DA TARDE O ESCRITOR CARLOS CALLÓN FALARÁ DO SEU LIBRO COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS NO IES A SANGRIÑA
Carlos Callón Torres estudou filoloxía galega e portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colabora en diferentes medios de comunicación e publica numerosos artigos e ensaios de investigación literaria e sociolingüística. Podemos destacar pola súa importancia e alcance os seguintes libros:
* Unha historia que nos pertence: A obra poética en galego de Lorenzo Varela (2005).
* En castellano no hay problema (2010).
* Amigos e sodomitas (premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e premio Fervenzas Literarias ao mellor volume de ensaio e investigación do ano 2011).
* Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros á mellor obra non literaria en galego dese ano).