Skip to Content

Lingua Castelá e Literatura

Departamento de Lingua Castelá e Literatura

Concurso de relatos Coca cola, edición 56

08/04/2016 16:00
08/04/2016 20:00
Etc/GMT+1
Esta tarde, oito rapaces e rapazas de 2º de ESO, Amaya Vicente, Pablo Morano, Martina Rodríguez, María Barros, Eva Domínguez, Dafne Piñeiro, Nahir Álvarez e Valeria Baz, acompañados pola súa profesora Isabel Rodríguez Pazos, participaron no Concurso de relatos Coca cola, celebrado no campus universitario de Vigo.
Nesta ocasión, tiveron que crear un texto partindo dun agasallo que lles fixeron á entrada: unha réplica dunha antigua caixa de música. Na base da caixa podíase ler a seguinte inscrición: No podía dejar de repetir esa melodía.
Moita sorte ao alumando participante!

Presentación da novela Reflejos

26/02/2016 00:10
26/02/2016 10:00
Etc/GMT+1

A autora Joana Lomba, antiga alumna do noso centro, presentou o pasado venres a súa novela Reflejos ao alumnado de 1º de Bacharelato. Fixo unha interesante achega á súa obra, explicou como xurdiu a idea de crear a novela, como foi construíndo os personaxes, o espazo ou incluso o deseño da portada. Fixo partícipe ao alumnado de detalles curiosos que doutro xeito pasarían desapercibidos.

 

 

 

"R2D2 y el caballero de la triste figura"

23/11/2015 11:00
Etc/GMT+1
O pasado luns 23 de novembro, o alumnado de 1°, 2° e 3° de ESO asistiu á representación teatral R2D2 y el caballero de la triste figura, da compañía de Ricardo Frazer, no auditorio de Goián. Co apoio incondicional dun Sancho Panza ben peculiar, o actor recreou de xeito moi orixinal pasaxes célebres de Don Quijote de la Mancha.

4ª Viaxe a Almagro

07/04/2015 07:00
11/04/2015 21:00
Etc/GMT+1

No pasado mes de abril cincuenta alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, acompañados polos profesores Isabel Rodríguez, Juanra Torres e Gisela González, realizaron unha viaxe cultural a Almagro, para asistir a unha reparesentación teatral no curral de comedias, único curral que se conservou intacto desde comezos do século XVII.

Nesta viaxe de cinco días, o alumnado ademais tivo oportunidade de asistir a outra representación teatral en Madrid, facer unha visita guiada por Toledo e outra por Córdoba, e coñecer o parque nacional Táboas de Daimiel.

Distribuir contido


by Dr. Radut