Non podiamos pechar este curso sen dedicarlle unhas liñas á xa tradicional viaxe a Almagro, realizada polo alumnado de 1º de Bacharelato, e organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Trátase dunha viaxe cultural, con enfoque literario, na que se asiste ao teatro contemporáneo, en Madrid, e clásico, no curral de comedias de Almagro, e na que se visitan espazos fundamentais das letras e da historia españolas, como Madrid, Toledo, Almagro ou Córdoba.