Skip to Content

Bacharelato

Alumnado de Economía visita o Banco de Alimentos de Vigo

O pasado 17 de marzo, o alumnado de Economía e Fundamentos de Administración e Xestión de 2º de Bacharelato realizou unha saída didáctica ao Banco de Alimentos de Vigo, onde colaboraron en tarefas de clasificación e puideron coñecer cuestións relacionadas co labor loxístico do banco.

BOLSAS XERAIS DE ESTUDOS DO MINISTERIO PARA NIVEIS POSTOBRIGATORIOS

Comunicámosvos os prazos da nova Convocatoria de bolsas xerais de estudos para niveis postobrigatorios.

O prazo para solicitar as bolsas para o curso 2023/2024 será desde o vindeiro 27 de marzo ata o 17 de maio.

É importante que o alumnado pida a bolsa neste prazo aínda que non saiba o que vai estudar nin onde nin si vai seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderán pedir para o curso 23/24.

O alumnado de ESO que teña intención ou sexa candidato a cursar FP Básica no curso 23/24 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.

A páxina onde informarse e tramitar é esa: https://www.becaseducacion.gob.es

Solicítase a través da sede lectrónica, aquí.

 

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria, 2º Bacharelato.

No documento adxunto está dispoñible o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato. 

Distribuir contido


by Dr. Radut