Onte, o alumnado de 1º de Bacharelato B do IES A Sangriña acudiu xunto coa súa titora Paula Orta, do departamento de Matemáticas, para facer unha doazón para as persoas afectadas pola DANA en Valencia.
O ingreso realizárono persoalmente desprazándose á oficina do Banco Santander da Guarda. A súa doazón axudará a cubrir as necesidades máis básicas das persoas máis vulnerables que se viron afectadas poa DANA na Comunitat Valenciana.