Skip to Content

OpenStreetMap (OSM)

OpenStreetMap en Heidelberg

A pasada semana catro estudantes do IES A Sangriña realizaron unha mobilidade Erasmus+ dentro do proxecto European YouthHumanitarian Open StreetMap - euYouth OSM, neste caso en Heidelberg con motivo da conferencia anual internacional de OpenStreetMap “State of the Map 2019”, que tivo lugar nesta cidade alemá, entre os días 21 e 23 de setembro. O noso grupiño asistiu realizando tarefas de voluntariado durante os tres días de conferencias. Aproveitando este evento internacional, fixouse esta mobilidade desde o 17 ata o 24 de setembro. Os tres días previos á feira anual de OSM tiveron a oportunidade de precorrer a cidade co seu castelo, mapear e tamén asistir a unha presentación por expertos na rama humanitaria de OSM (HOT).

OpenStreetMap: mapeando en Azores

Estes días temos en Azores un grupiño de alumnas e alumnos levando a cabo tarefas de mapeo dentro do Proxecto Erasmus+ OpenStreetMap.

Do 25 ao 29 de xuño, Lucas Román, Yamila Michelle, Aitor Rodríguez e Iria Sanz desenvolven esta edición do proxecto na Escola secundaria Jerónimo Emiliano de Andrade, situado en Agra do Heroísmo, Isla Terceira, Azores, acompañados polo profesorado Beatriz Núñez e Juan Ramón Torres. Os países participantes neste proxecto son Portugal, Alemaña, Irlanda, Romanía e España.

O traballo de mapeo que desenvolve o noso alumnado consiste en compilar por equipos, cunha aplicación móbil, información pola cidade, facendo fotos, para despois, no ordenador, elaborar ou perfeccionar o mapa on line. Son mapas pensados para axuda humanitaria.

 

 

Segundo encontro do proxecto europeo OpenStreetMap

Durante os días 25-29 de marzo tivo lugar o segundo encontro do Proxecto Europeo OpenStreetMap, sobre a catrografía libre na súa liña humanitaria, desta volta en Irlanda. O noso socio, Portmarnock school, foi o organizador.

A tarefa que desenvolveu o noso alumnado participante foi o traballo con aplicacións de cartografía libre tales como Mapillary, Maps.me, OSMcam e mais o editor cartográfico de libre configuración JOSM co fin de realizar tarefas de mapeo solidario en zonas de Lesoto. O noso socio irlandés, Portmarnock community school, está involucrado nunha ONG dublinesa que traballa na axuda á poboación lesotense. O mapeo en zonas de Lesoto utilizando as devanditas aplicacións é só unha pequena contribución respecto ao total da axuda humanitaria articulada pola dita ONG. Os nosos alumnos e alumnas axudaron a mellorar a cartografía da zona para así facilitar o traballo humanitario no terreo.

A este meeting de Dublin acudiron, como non pode ser doutro xeito, o resto dos países e escolas participantes neste proxecto.

OpenStreetMap

Comezou o pasado outubro en Saarburg (Alemaña) o Proxecto Europeo OpenStreetMap, dentro do marco Erasmus+, na modalidade KA219, no que participa o noso instituto. Desta volta, versará sobre a cartografía libre (OpenStreetMap) na súa liña humanitaria e terá unha vixencia de dous anos (2018-2020). Os socios participantes son o centro Portmarnock (Irlanda), o Liceul Tehnologic General Hagheru (Romanía), a Escola Secundária Jerónimo Emiliano de Andrade (Azores, Portugal), o centro coordinador Geschwister-Berufsbildende Schule (Alemaña) e mais o noso IES A Sangriña.

Reunión mantida polos respresentantes dos centros participantes no proxecto.

Distribuir contido


by Dr. Radut