Durante os días 25-29 de marzo tivo lugar o segundo encontro do Proxecto Europeo OpenStreetMap, sobre a catrografía libre na súa liña humanitaria, desta volta en Irlanda. O noso socio, Portmarnock school, foi o organizador.
A tarefa que desenvolveu o noso alumnado participante foi o traballo con aplicacións de cartografía libre tales como Mapillary, Maps.me, OSMcam e mais o editor cartográfico de libre configuración JOSM co fin de realizar tarefas de mapeo solidario en zonas de Lesoto. O noso socio irlandés, Portmarnock community school, está involucrado nunha ONG dublinesa que traballa na axuda á poboación lesotense. O mapeo en zonas de Lesoto utilizando as devanditas aplicacións é só unha pequena contribución respecto ao total da axuda humanitaria articulada pola dita ONG. Os nosos alumnos e alumnas axudaron a mellorar a cartografía da zona para así facilitar o traballo humanitario no terreo.
A este meeting de Dublin acudiron, como non pode ser doutro xeito, o resto dos países e escolas participantes neste proxecto.
Wiki do proxecto: https://wiki.openstreetmap.org/wiki/EuYoutH_OSM/A_Guarda
Proxecto Europeo OpenStreetMap realizado dentro do marco Erasmus+, na modalidade KA219, cunha vixencia de dous anos (2018-2020). Os socios participantes son o centro Portmarnock (Irlanda), o Liceul Tehnologic General Hagheru (Romanía), a Escola Secundária Jerónimo Emiliano de Andrade (Azores, Portugal), o centro coordinador Geschwister-Berufsbildende Schule (Alemaña) e mais o noso IES A Sangriña.