Skip to Content

Avisos

FORMACIÓN PARA O EMPREGO

ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS (AFD)

O curso ao que fai referencia este anuncio está cofinanciado pola Xunta de Galicia e polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social Unión Europea (Fondo Social Europeo).

  • Centro ofertante: IES A SANGRIÑA.
  • Nº de vacantes: 8.
  • Denominación do curso: EMBELECEMENTO DE SUPERFICIES DE VEHÍCULOS.
  • Perfil dos alumnado: persoas desempregadas inscritas na Oficina de Emprego.
  • Requisitos mínimos de acceso: Nivel 2 (exemplo ESO).
  • Outros requisitos: ningún. Lugar de realización das probas de selección: I.E.S. A SANGRIÑA.
  • Enderezo: Paseo de portugal s/n Localidade: A GUARDA.
  • Teléfono: 886 11 00 64.
  • Data da proba: 16 de xaneiro de 2019 as 16:00.

A acción formativa NON está aberta ás persoas traballadoras ocupadas.

Recollida de alimentos

A asociación solidaria Conrazones vai levar a cabo no noso centro unha colleita de alimentos para as familias máis necesitadas da Guarda. Podedes traer a vosa achega ao instituto o luns 26 e o martes 27 de novembro, polas mañás de 8 a 9, e de tarde de 16 a 17 h. Precisan de forma urxente leite, conservas de peixe e carne, aceite, cacao e derivados e produtos de Nadal.

Contamos coa vosa colaboración!

IMPORTANTE: nova data de inicio do curso 2018-2019

Presentación dos distintos grupos de ESO e Bacharelato (Réxime Ordinario) por parte do Equipo Directivo no Salón de Actos de 16:00 a 17:30.

Estará organizado o servizo de transporte de alumnado con chegada ao centro ás 16:00 hrs. e saída ás 17:30.

ESA e Bacharelato Adultos: presentación e comezo das clases ás 19:00 hrs e 16:30 hrs respectivamente.

FORMACIÓN PROFESIONAL: Presentación por parte dos titores e comezo das clases o martes, 18 de setembro ás 8:20.

 ESO e Bacharelato:

         Día: luns, 17 de setembro

         Hora: 16:00

Ensino Secundario Adultos (ESA):

         Día: martes, 18 de setembro

         Hora: 19:00

 Bacharelato Adultos:

         Día: martes, 18 de setembro

         Hora: 16:30

Reunión informativa sobre Bacharelato de Excelencia

          O luns, día 10 de setembro as 20:30 hrs no Salón de Actos do IES A Sangriña terá lugar a reunión informativa cos pais/nais e alumnos/as de 1º Bacharelato Científico-Tecnolóxico, co obxecto de tratar  a inclusión do centro no Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para este curso 2018/2019.

Pregamos a asistencia de todos os implicados.

Distribuir contido


by Dr. Radut