Xa tedes á vosa disposición as listaxes definitivas de alumnado admitido coa asignación correspondente a cada alumno ou alumna, así como o informe dos vales de material do alumnado que se examinou en setembro. Para calquera dúbida ou aclaración contactade coa Vicedirección do centro.
As listaxes podédelas atopar no taboleiro que está na estrada do instituto. A vindeira semana farase o reparto de libros de texto por cursos. O alumnado de ESO levará este venres unha nota para as familias na que aparecerán os días e as horas de recollida de libros.