Co fin de manter e controlar o mantemento das condicións sanitarias máis axeitadas desde o punto de vista da calidade do aire nas instalacións do centro, a ANPA e mais a Dirección do IES A Sangriña mercaron 31 medidores de concentración de CO2, temperatura e humidade destinados ao control da concentración de dióxido de carbono nas aulas para evitar posibles situacións de saturación que poñan en risco a seguridade sanitaria das persoas usuarias do centro. Os medidores estarán a disposición do profesorado en conserxería.
Segundo as recomendacións feitas chegar pola CCEU, CSIC e outros organismos e entidades, a concentración de CO2 tope a tolerar estaría nun rango de 550-600 ppm. Calquera medición por riba destes valores obrigaría a apertura máxima de fiestras (de non estar xa así) e, se isto non é suficiente, evacuaríase a aula ata rexistrar concentracións por debaixo do límite anterior.