Dentro das actividades realizadas no marco da programación de “Comenius Regio”, o pasado 3 de outubro de 2012, 8 alumnos e alumnas do CEIP e do IES A Sangriña participaron nun “Obradoiro sobre enfermidade Mental” impartido pola psicóloga do Centro de Rehabilitación de Avelaíña, en A Guarda.
O seu obxectivo foi informar e sensibilizar o alumnado sobre a saúde mental. Utilizouse material didáctico do “Proxecto Chamberlin”, mediante un cómic que reflicte a historia dun rapaz que sofre enfermidade mental. Para dar a coñecer estas patoloxías, previlas e rachar cos falsos mitos sobre elas, a Asociación Avelaíña imparte estes obradoiros informativos para adolescentes.