Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

Comenius REGIO: viveirismo no San Xerome

O martes 24 de abril, os alumnos de 1ºESO-C participaron nunha xornada de viveirismo organizada polo San Xerome dentro das actividades previstas do proxecto de integración Comenius REGIO.

Actuación de Fran Rei e Pedro Brandariz (CULTURACTIVA)

Este venres, 20 de abril, ás doce e media da mañá, Fran Rei e Pedro Brandariz da compañía Os Sete Magníficos mais Un, representarán no IES A Sangriña a obra "Dous pallasos en apuros" . Este traballo dos dous famosos clowns de Culturactiva, que vén presentado polo éxito colleitado en numerosas representacións, será ofrecido solidariamente por Fran e Pedro como agasallo ao alumnado do colexio San Xerome Emiliani, que leva anos desenvolvendo un extraordinario labor de creación e comunicación por medio do teatro.
No mes de febreiro, Fran Rei ofreceu un curso de formación teatral no IES A Sangriña para alumnado do grupo de teatro do instituto e alumnado do Colexio San Xerome e do CEIP A Sangriña. Estes centros participan conxuntamente nun proxecto europeo (Comenius Regio) que promove a integración, neste marco incluíuse este curso, como unha máis das numerosas actividades compartidas. A experiencia foi enormemente satisfactoria para o alumnado participante e para o profesor que dirixiu o curso.

Actividade de formación teatral. O XOGO TEATRAL

Un ano máis o alumnado do GRUPO DE TEATRO DO
FALABARATO do IES A Sangriña realizou un curso intensivo de formación teatral
co coñecido actor clown, do grupo Os Sete Magníficos mais Un, Fran Rei. Este
ano esta actividade fíxose moito máis interesante por causa da diversidade do
alumnado que asistiu. Alumnos e alumnas do Colexio San Xerome, do CEIP A

Visita de alumnado do Centro ós Estudios de grabación Baixo Miño

O pasado venres 18 de novembro visitaron Baixo Miño Estudios, rapaces das Asociacións Avelaíña, San Xerome Emiliani e alumnado dos Centros de ensino público CEIP A Sangriña e IES A Sangriña, A Guarda. A actividade estaba enmarcada dentro do Programa Europeo Comenius Regio.

bat2batucada1

Distribuir contido


by Dr. Radut