“A Semana das Curtas” está pensada como unha actividade lúdica orientada a facilitar canles de difusión do galego a través das novas tecnoloxías e da expresión artística, así como fomentar o uso do galego a través de competencias comunicativas básicas tanto en actos pasivos (escoitar) como activos (opinar nas charlas e a través de foros).
Esta semana proxectaranse as curtas en dúas sesións diarias para que poidan visualizalas todas as persoas que o desexen.
Ademais, o profesorado interesado en traballar con estes materiais na aula pode levar un dvd coas gravacións para utilizalas nas súas clases. Os contidos das mesmas teñen relación coa educación en valores e coa normalización do galego. Non é necesario traballar esta semana con este material nas aulas. Podedes temporalizar as actividades como o consideredes oportuno. Podedes pedir copias dos dvs a Pilar Carro ou Juan Hermida.
Disponse dun blogue http://semanacurta.wordpress.com para que o alumnado e o profesorado poida opinar sobre as distintas pezas. Deste xeito, mozos e mozas poderán establecer contacto entre eles e elas, opinar sobre as filmacións que máis lles gustaron, contrastar opinións con outras persoas e votar pola curta e sesión que máis lle gustou a cadaquén. Tamén hai información dos directores e dos grupos musicais na páxina: http://www.semanacurta.com/ As curtas tamén se poderán ver na web do instituto.
Máis información no arquivo adxunto.