Skip to Content

Normalización Lingüística

I Festa da Lingua do IES A Sangriña


Nos días 23, 24 e 25 de febreiro de 2011 tivo lugar no IES A Sangriña a I Festa da Lingua, organizada polo alumnado do Equipo de Normalización da Lingua Galega, especialmente por Alba Cividanes Ortega e Andrea Araújo Alonso. 

Celebráronse actividades de enorme calidade, entre as que destacaron as conferencias de Carlos Callón e Séchu Sende, así como o tributo a Rosalía de Castro, que se reproducen a continuación.

No blogue do Equipo de Normalización da Lingua Galega, creado polo alumnado, pódese atopar máis información.

Conferencia de Carlos Callón

Conferencia de Séchu Sende

Tributo a Rosalía de Castro

Exposición sobre Carvalho Calero no IES A Sangriña

O alumnado do Equipo de Normalización da Lingua Galega convida a todas as persoas que o desexen a visitar no IES A Sangriña a exposición Carvalho Calero da Fundaçom Artábria.

cartaz carvalho calero

 

Semana das Curtas: do 1 o 4 de marzo

 

“A Semana das Curtas” está pensada como unha actividade lúdica orientada a facilitar canles de difusión do galego a través das novas tecnoloxías e da expresión artística, así como fomentar o uso do galego a través de competencias comunicativas básicas tanto en actos pasivos (escoitar) como activos (opinar nas charlas e a través de foros).

Esta semana proxectaranse as curtas en dúas sesións diarias para que poidan visualizalas todas as persoas que o desexen.

Ademais, o profesorado interesado en traballar con estes materiais na aula pode levar un dvd coas gravacións para utilizalas nas súas clases. Os contidos das mesmas teñen relación coa educación en valores e coa normalización do galego. Non é necesario traballar esta semana con este material nas aulas. Podedes temporalizar as actividades como o consideredes oportuno. Podedes pedir  copias dos dvs a Pilar Carro ou Juan Hermida.

Disponse dun blogue http://semanacurta.wordpress.com para que o alumnado e o profesorado poida opinar sobre as distintas pezas. Deste xeito, mozos e mozas  poderán establecer contacto entre eles e elas, opinar sobre as filmacións que máis lles gustaron, contrastar opinións con outras persoas e votar pola curta e sesión que máis lle gustou a cadaquén. Tamén hai información dos directores e dos grupos musicais na páxina: http://www.semanacurta.com/ As curtas tamén se poderán ver na web do instituto.

Máis información no arquivo adxunto. 

I Festa da Lingua do IES A Sangriña

cartaz festa da lingua

Distribuir contido


by Dr. Radut