Events
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
12
| 13
| 14
| 15
| 16
Start: 16/06/2017 12:00
O vindeiro venres, 16 de xuño terá lugar a presentación oficial do vídeo froito do proxecto URBAN ART que contará coa presencia de membros do Concello, profesorado e alumnado que colaborou en dito traballo. O profesorado implicado neste proxecto invita a toda a comunidade educativa a este evento que se celebrará no Salón de Actos no segundo recreo da mañá.
Start: 16/06/2017 12:20
O proxecto Urban Art Project, que involucrou ao alumnado de 3° de ESO A e aos Departamentos de Música, Plástica e Inglés durante mais dun trimestre, acaba de concluír co produto final, que, como sabedes, consistía na realización dun vídeo promocional da nosa vila.
Podedes ver o vídeoclip e algunhas imaxes da súa realización en diferentes localizacions da Guarda.
O pasado venres dia 16 tivo lugar no centro a presentación do videoclip coa asistencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e mais a concelleira de Cultura, Elena Baz.
Este proxecto superou todas as expectativas e tanto o instituto como o concello -os cales o apoiaron desde o comezo- amosáronse plenamente satisfeitos.
Queremos agradecer a Brais Martínez a súa colaboración na realización do vídeo, e a Nadia Vázquez a súa achega como gaiteira.
Parabéns a todas e todos os que fixestes posible este proxecto.
| 17
Start: 17/06/2017 00:45
Publicadas as cualificacións provisionais da proba de avaliación de Bacharelato de acceso á universidade (ABAU). Listas publicadas na páxina http://ciug.gal/ Parabéns ao alumnado e profesorado do IES A Sangriña. Start: 17/06/2017 09:00
O pasado sábado 17 de xuño, preto dun milleiro de lectoras e lectores dos clubs de lectura de toda Galicia reunímonos no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela para participar nunha xornada de convivencia e formación celebrando que levamos 10 anos de clubs de lectura nos centros de ensino de Galicia.
Os lectores e lectoras "Na raia" non quixemos faltar a esta cita e ás 7:00 da mañá estabamos saíndo da Guarda para dirixirnos a Compostela. Foi, certamente, unha xornada insquecíbel!!! Non podemos máis que agradecerlle á Asesoría de Bibliotecas Escolares a súa invitación e animalos a que sigan a organizar eventos como este, porque como quedou demostrado, os amantes dos libros e a lectura somos milleiros. | 18
|