Events
Podedes ver o vídeoclip e algunhas imaxes da súa realización en diferentes localizacions da Guarda.
Publicadas as cualificacións provisionais da proba de avaliación de Bacharelato de acceso á universidade (ABAU).
Listas publicadas na páxina http://ciug.gal/
Parabéns ao alumnado e profesorado do IES A Sangriña.
O pasado sábado 17 de xuño, preto dun milleiro de lectoras e lectores dos clubs de lectura de toda Galicia reunímonos no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela para participar nunha xornada de convivencia e formación celebrando que levamos 10 anos de clubs de lectura nos centros de ensino de Galicia.
Os lectores e lectoras "Na raia" non quixemos faltar a esta cita e ás 7:00 da mañá estabamos saíndo da Guarda para dirixirnos a Compostela.
Gozamos dunha estupenda xornada, con charlas e obradoiros da man de profesionais da lectura como Ledicia Costas, Xosé Tomás, Fran Alonso, Miguelanxo Prado (Premio Clubs de Lectura deste ano), Rosa Aneiros, Andrea Maceiras, Antón Riveiro Coello, César Mallorquí, e un longo etcétera.
Houbo obradoiros de banda deseñada, grafitti, dobraxe, radio, encontros con autores, charlas, quedadas entre clubs...
Entre obradoiros puidemos admirar aos artistas de Pista Catro, profesionais do circo e o cabaret que nos deixaron abraiados coas súas actuacións.
Tomamos un xantar ao aire libre grazas a unha chea de gastronetas instaladas no exterior do Pazo, e pechamos a xornada cun concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitres que nos levantaron a todos dos nosos asentos.
Foi, certamente, unha xornada insquecíbel!!! Non podemos máis que agradecerlle á Asesoría de Bibliotecas Escolares a súa invitación e animalos a que sigan a organizar eventos como este, porque como quedou demostrado, os amantes dos libros e a lectura somos milleiros.
Pablo Morano Uris, alumno de 3º, brillante redactando e cunha actitude crítica moi boa, acaba de estrearse como xornalista publicando o artigo de opinión "Eufemismos de cor" en Praza Pública. Podedes ler o artigo aquí.
Vai seguir publicando periodicamente.
Parabéns, Pablo!
Foi un pracer compartir ese tempiño, e parece que moitas e moitos xa están dispostos a converterse en "lectores e lectoras na raia" o próximo curso.
Onte, un grupo de 20 alumnas e alumnos de 2° de ESO asistiu ao acto organizado pola Deputación de Pontevedra, Concello da Guarda e Mulleres en acción "Violencia zero" , en contra da violencia de xénero.
O acto consistíu na realización por parte dunha recoñecida artista, de retratos dalgúns alumnos e alumnas voluntarios, que posteriormente eran desdebuxados, simbolizando a inexistencia de xéneros.
O alumnado e profesorado participantes no Urban Art Project, do que vos levamos a informar todo o curso, foi entrevistado onte pola Radio Galega, no programa de radio A Tarde.
Podedes escoitar aquí o podcast, no minuto 48.
Estamos de celebración: a alumna Tamara Rodríguez Adrover, de 1º de Bacharelato B, resultou ganadora do Certame Internacional de Fotografía Matemática do IES Carlos Casares (Viana do Bolo), coa súa obra Sil-metría, na categoría Premio do Xurado.
Parabéns a Tamara, agardamos que goce moito do agasallo. Os nosos agradecementos tamén ao Departamento de Matemáticas do IES Carlos Casares por esta iniciativa tan prometedora. Sen dúbida, as matemáticas esténdese moito máis alá da pura abstracción da álxebra ou dos números, facéndose presente na natureza, polo que só temos que mirar ao noso arredor para gozar delas.
De novo o Urban Art Project nos medios! Desta volta, foron entrevistados por Onda Cero, no programa Vigo en la onda.
Velaquí o podcast, poñede o minuto 26 e o segundo 45.