Events
Ven | ||
---|---|---|
Start: 08/04/2016 10:00
En marzo comenzou o Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2016 que terá a superfinal en Toulouse o 13 de maio. O día 8 de abril realizouse na Facultade de Química a final da fase galega, á que acudiron os 15 grupos finalistas seleccionados. Para a final europea resultaron clasificados para representar a Galicia nos niveis de 1º e 4º de ESO o alumnado participante do IES A Sangriña. Son dous grupos de oito alumnas e alumnos que traballan en grupo, para o cal discorren e gozan das matemáticas unindo as súas destrezas e capacidades para resolver problemas de elevada dificultade. Estes rapaces e rapazas son Raquel, Noela, Álvaro, Carlos, David, Diego, Miguel e Víctor, de 1º de ESo, e Elsa, María, Diego, Gabriel, Manuel Ángel, Miguel, Néstor e Santiago, de 4º de ESO. Todo o proxecto estivo coordinado polos profesores de matemáticas Carmen López Fernández e Antonio Benito García. Xa en dúas ocasións o noso alumnado ganou o Rally europeo. Esperemos que co seu esforzo e dedicación repitan este logro! Start: 08/04/2016 16:00
End: 08/04/2016 20:00
Esta tarde, oito rapaces e rapazas de 2º de ESO, Amaya Vicente, Pablo Morano, Martina Rodríguez, María Barros, Eva Domínguez, Dafne Piñeiro, Nahir Álvarez e Valeria Baz, acompañados pola súa profesora Isabel Rodríguez Pazos, participaron no Concurso de relatos Coca cola, celebrado no campus universitario de Vigo.
Nesta ocasión, tiveron que crear un texto partindo dun agasallo que lles fixeron á entrada: unha réplica dunha antigua caixa de música. Na base da caixa podíase ler a seguinte inscrición: No podía dejar de repetir esa melodía.
Moita sorte ao alumando participante!
|