En marzo comenzou o Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2016 que terá a superfinal en Toulouse o 13 de maio.
A primeira fase levouse a cabo o día 15 de marzo en cada centro educativo. A participación en liña superou o centenar de centros en toda Galicia. Desta fase foron seleccionados dous dos nosos grupos de alumnos e alumnas, de 1º ESO e 4º ESO respectivamente.
O día 8 de abril realizouse na Facultade de Química a final da fase galega, á que acudiron os 15 grupos finalistas seleccionados. Para a final europea resultaron clasificados para representar a Galicia nos niveis de 1º e 4º de ESO o alumnado participante do IES A Sangriña. Son dous grupos de oito alumnas e alumnos que traballan en grupo, para o cal discorren e gozan das matemáticas unindo as súas destrezas e capacidades para resolver problemas de elevada dificultade.
Estes rapaces e rapazas son Raquel, Noela, Álvaro, Carlos, David, Diego, Miguel e Víctor, de 1º de ESo, e Elsa, María, Diego, Gabriel, Manuel Ángel, Miguel, Néstor e Santiago, de 4º de ESO. Todo o proxecto estivo coordinado polos profesores de matemáticas Carmen López Fernández e Antonio Benito García.
Xa en dúas ocasións o noso alumnado ganou o Rally europeo. Esperemos que co seu esforzo e dedicación repitan este logro!
Podedes ler a noticia que publicou o Faro de Vigo sobre estes rapaces e rapazas premendo aquí.