Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Marzo 17, 2016 »
Xov

No mes de marzo, as persoas participantes no proxecto Espazos para a igualdade puxemos nas paredes do instituto, diante dos ollos da comunidade educativa, as imaxes, as vidas e obras de mulleres. Valiosísimas, imprescindibles obras e vidas que constrúen, mais tantas e tantas veces apartadas, silenciadas, disfrazadas, negadas, invisibilizadas, ninguneadas.

Nós propomos abrir os ollos, recoñecer, honrar, contribuír para que ocupen espazo, o lugar que lles corresponde. Educarmos, aprendermos en igualdade e diversidade é contribuír a enriquecer o mundo.

Seguiremos ocupando espazos para a igualdade, non queremos que a atención á igualdade se encerre nunha data, nun mes; marzo é un comezo, non un punto nin un límite. Participade conosco neste proxecto que acaba de comezar hai lugar para todas as persoas.

 

Un ano máis, o alumnado de 1° de bacharelato viaxou a Almagro, onde puido gozar do único curral de comedias conservado, e da representación da Celestina. Esta expedición literaria tamén visitou Madrid, onde asistiu ao teatro, Toledo, Córdoba e o Parque Nacional das  Táboas de Daimiel.

Start: 17/03/2016 10:15
End: 17/03/2016 12:00

 

"As tecnoloxías ao servizo das linguas" foi o título da charla que o profesor da USC, Ernesto González Seoane, impartiu esta mañá ao alumnado de ESO.

Nela falounos da revolución que supuxo a aparición das novas tecnoloxías e mais Internet para o estudo da lingua, e o cambio significativo no método de traballo que tales aparicións conlevaron para a lingüística, en xeral, e a lexicografía, en particular.

Presentou tamén os principais recursos informatizados da lingua galega, dispoñibles de balde en Internet, algúns de grande utilidade para o alumnado, como poden ser o Tesouro informatizado da lingua galega, o utilísimo Dicionario de dicionarios, o Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, a Cartografía dos apelidos de Galicia ou o Ránking dos 19 nomes máis populares en Galicia (2000-2014).

Start: 17/03/2016 12:20
End: 17/03/2016 14:00
O escritor e sociolingüista Manuel Núñez Singala presentou está mañá no noso centro o seu libro Instrucións para tomar café. Aproveitou a charla, dirixida ao alumnado de bacharelato, para reflexionar sobre o proceso de creación literaria, sobre o acto de lectura, e tamén sobre a lingua de noso e a relación que os falantes temos con ela.
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut