Skip to Content

MULLERES. ESPAZOS PARA A IGUALDADE

08/03/2016 08:20
31/03/2016 22:00
Etc/GMT+1

No mes de marzo, as persoas participantes no proxecto Espazos para a igualdade puxemos nas paredes do instituto, diante dos ollos da comunidade educativa, as imaxes, as vidas e obras de mulleres. Valiosísimas, imprescindibles obras e vidas que constrúen, mais tantas e tantas veces apartadas, silenciadas, disfrazadas, negadas, invisibilizadas, ninguneadas.

Nós propomos abrir os ollos, recoñecer, honrar, contribuír para que ocupen espazo, o lugar que lles corresponde. Educarmos, aprendermos en igualdade e diversidade é contribuír a enriquecer o mundo.

Seguiremos ocupando espazos para a igualdade, non queremos que a atención á igualdade se encerre nunha data, nun mes; marzo é un comezo, non un punto nin un límite. Participade conosco neste proxecto que acaba de comezar hai lugar para todas as persoas.

 



event | by Dr. Radut