Events
Lun | ||
---|---|---|
No mes de marzo, as persoas participantes no proxecto Espazos para a igualdade puxemos nas paredes do instituto, diante dos ollos da comunidade educativa, as imaxes, as vidas e obras de mulleres. Valiosísimas, imprescindibles obras e vidas que constrúen, mais tantas e tantas veces apartadas, silenciadas, disfrazadas, negadas, invisibilizadas, ninguneadas. Nós propomos abrir os ollos, recoñecer, honrar, contribuír para que ocupen espazo, o lugar que lles corresponde. Educarmos, aprendermos en igualdade e diversidade é contribuír a enriquecer o mundo. Seguiremos ocupando espazos para a igualdade, non queremos que a atención á igualdade se encerre nunha data, nun mes; marzo é un comezo, non un punto nin un límite. Participade conosco neste proxecto que acaba de comezar hai lugar para todas as persoas.
Start: 14/03/2016 00:00
Un ano máis, o alumnado de 1° de bacharelato viaxou a Almagro, onde puido gozar do único curral de comedias conservado, e da representación da Celestina. Esta expedición literaria tamén visitou Madrid, onde asistiu ao teatro, Toledo, Córdoba e o Parque Nacional das Táboas de Daimiel.
|