Events
O pasado día 5 de marzo tivo lugar no IES A Sangriña o 1º curso contra incendios impartido á totalidade do alumnado de automoción. Nesta primeira edición, os alumnos contaron coa explicación de varios membros do corpo de bombeiros dos riscos e perigos que teñen á hora de realizar as diversas actividades de traballo e a maneira de poder evitalas ou facerlle fronte en caso de ocurrir.
O curso contou cunha duración de sete horas. Na sesión de mañá o alumnado puido asistir a unha clase teórica dos riscos de incendios, propagación, extinción e medidas preventivas. Nesta xornada analizáronse os distintos tipos de incendios, os distintos tipos de medios de extinción así como a análise previa á hora de producirse un lume non desexado. Tamén se expuxo cales son os perigos máis habituais no lugar de traballo e no fogar. Na sesión de tarde todos os alumnos de automoción pasaron á acción, e practicaron a extinción dun incencio real e manexaron os medios contra incendios usados xeralmente.
O mércores 6 de marzo de 2013, ás 16.30, proxectarase no Salón de actos do IES A Sangriña o documental A pegada ecolóxica do ser humano, dentro do Ciclo de cine medioambiental organizado polo Programa Comenius REGIO.
Imaxinemos que temos ante nós todo o que consumimos ao longo da vida. A cantidade de residuos xerados por ese consumo é brutal. Este documental analiza o consumo no mundo desenvolvido, desde o nacemento ata chegar a anciáns, a través dunha ilustración visual do impacto que supón cada persoa sobre o resto da poboación e do planeta.