Skip to Content

COVID-19

Actualización do protocolo da Covid-19 no ámbito educativo

A Consellería de Sanidade vén de publicar un PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA.

Os seus aspectos máis salientables son:

-O illamento dos positivos en covid-19 durará un mínimo de sete días desde o diagnóstico ou desde o inicio dos síntomas, e levantarase se nos últimos tres días non houbo síintomas.

-Pare levantar este illamento a partir do día sétimo non é preciso unha proba diagnóstica. Abonda con carecer de síntomas nos últimos tres días.

-Os contactos estreitos dun positivo con pauta completa de vacinación non deberán gardar corentena.

-As persoas con síntomas compatibles non acodirán ao centro ata ter realizada unha proba diagnóstica.

-As persoas positivas poden realizar unha autodeclaración ao Sergas na páxina web https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

Plan Covid 2021-2022

Aspectos organizativos do curso 21-22

Adaptación ao contexto da covid-19

A continuación presentámoslles uns documentos moi breves  que resumen as normas que debemos seguir todos, tanto persoal docente e non docente como alumnado e familias. Pregámoslles que os lean con atención e sexan escrupulosos no seu cumprimento. Por parte do centro, poden contar co noso máximo esforzo e implicación na súa aplicación. Ante calquera dúbida, póñanse en contacto co centro.

Normas para o alumnado

Medidas adoptadas polo centro

Normas que deben adoptar as familias

Organización de espazos e recreos

Así mesmo, informamos de que para garantir o mantemento das distancias de seguridade nos tempos de lecer temos establecidas dúas quendas de recreo e cada nivel ten asignada unha zona do recinto escolar, como poden ver neste documento.

Aclaracións sobre corentenas e ausencias derivadas da covid-19. Curso 202-2021

Ante a inquedanza xerada nas familias por aspectos relacionados con corentenas e ausencias derivadas da covid-19, o centro desexa realizar as aclaracións contidas no seguinte documento.

Declaración responsable

Lembramos ás familias que o protocolo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade contra a covid-19 establece a obrigatoriedade por parte das familias antes de enviar os/as alumnos/as ao centro da realización dunha enquisa de autoavaliación covid.

Por outro lado, deben cubrir e asinar a seguinte declaración responsable a principios de curso, que deben entregar ao titor na primeira quincena de curso.

Para máis información remitimos ás instrucións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre medidas a adoptar na volta segura ás aulas

Plan de Adaptación do Protocolo Anti-COVID. Curso 2020-2021

Plan de adaptación do protocolo anti-covid

Neste enlace se accede a toda a información no portal da Consellería de Educación

Aspectos organizativos do curso 2020-2021

A continuación presentámoslles tres documentos moi breves (cliquen en "Ler máis" para velos) que resumen as normas que debemos seguir todos, tanto persoal docente e non docente como alumnado e familias. Pregámoslles que os lean con atención e sexan escrupulosos no seu cumprimento. Por parte do centro, poden contar co noso máximo esforzo e implicación na súa aplicación.

Ante calquera dúbida, póñanse en contacto co centro.

Normas para o alumnado

Normas para as familias

Medidas adoptadas polo centro

Distribuir contido


by Dr. Radut