Skip to Content

Contratos programa

Actuación do grupo de teatro no final de curso

O último día de curso o grupo de teatro actuará representando para os seus compañeiros a peza "Mamma mia". Este curso non foi posible participar na mostra de teatro escolar de Santiago, pero o vindeiro curso esperamos volver estar. Seguro que as nosas actrices e os nosos actores vos farán pasar un rato moi agradable.

O grupo de teatro está parcialmente financiado polo contrato programa CP-Inclúe.

Xogar nos recreos

Ao longo deste curso ofrecemos, en colaboración coa librería Escondite, xogos didácticos e recreativos nos recreos dos venres. A acItividade forma parte do CP-Inclúe.

vos

Obradoiros de xadrez

Un ano máis temos os obradoiros de xadrez nos recreos de martes e xoves. E cada ano con máis participación. E mesmo en horas de garda se demanda o seu uso.

 

CP-INCLÚE chega ás titorías

Empezamos xa coas actividades de titoría enmarcadas no progama CP-Inclúe, enfocadas a mellorar a convivencia no centro.

CP-INCLÚE

Durante o curso 2023-2024 desenvolveremos a modalidade contrato programa CP-Inclúe, en 3 liñas de actuación: Convive-T, Inclúe-T e Quéda-T. 

Con elas esperamos reducir o abandono escolar e o absentismo (Quéda-T), mellorar a convivencia escolar (Convive-T) e a inclusión de todo o alumnado (Inclúe-T).

Lanzamento da MARUMASAT V

Dentro do proxecto Marumasat, no que participa o IES Arcebispo Xelmírez II, este ano 2023 retomáronse as actividades ao máximo nivel: o 10 de maio lanzouse a V sonda estratosférica.

Viaxou ata Quiroga, e aquí tedes un avance do sucedido nesta inolvidable data.

 

 

Aquí está o enlace a un pequeno vídeo para abrir boca: https://1drv.ms/v/s!AhQmFdg3YAc8hLF9rvIukUZNsMbRPg?e=ZtB4dC.

 

Visita ao museo arqueolóxico da Terra Santa e a exposición Leonardo Da Vinci

O sábado 22 de xuño realizouse unha visita ao museo arqueolóxico da Terra Santa e a exposición Leonardo Da Vinci, aberta a toda a comunidade educativa: profesorado, persoal non docente, alumnado e familias.

Simulación de excavación arqueolóxica no centro

O día 10 de xuño o alumnado de 1.º ESO realizou unha simulación dunha excavación arqueolóxica no centro.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

 

Club de lectura: Artigos de investigación.

Durante o 2.º recreo dos mércores de novembro de 2018 a maio de 2019 o club de lectura realizou lecturas e comentarios en grupo de artigos sobre: Ötzi, o home de Hauslabjobch, o  mundo das momias e os mitos do cine, o interior das pirámides, o estudio da Atlántida a través da arqueoloxía, os celtas en Hispania, a muller e a infancia na arqueoloxía, mulleres na arqueoloxía (lectura dun artigo da conferenciante Celtia Rodríguez).

Visita ao Castro de Viladonga e a Lugo

O alumnado de 1.º ESO realizou o día 29 de maio unha visita ao Castro de Viladonga e a Lugo acompañado polos profeesores Pilar Tobar e Amancio Pampín. No Castro de Vilandonga tiveron ocasión de participar nun obradoiro de arqueoloxía sobre o terreo e en Lugo visitaron as escavación arqueolóxicas da cidade (templos, piscina) e deron un paseo pola súa muralla.
Lugo
Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos
 

Saída a Dombate, Borneiro e Anllóns

O alumnado de 1.º ESO realizou unha saída a Dombate, Borneiro e Anllóns o día 21 de maio acompañado polo profesor Amancio Pampín, ademais das visitas realizaron distintos obradoiros: excavación, música, moenda e arqueoloxía.

Visita a Dombate

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Visita á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia

O alumnado de 1.º ESO visitou a biblioteca de Facultade de Xeografía e Historia da USC, ademais realizaron un traballo nos laboratorios de arqueoloxía.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Conferencia “As eleccións en Roma”

O día 8 de maio a profesora Ana Suárez (Facultade de Historia da USC) impartiu a conferencia  “As eleccións en Roma” na que realizou un achegamento ás maxistraturas republicanas romanas a través das fontes literarias e arqueolóxicas.

Obradoiro de cerámica na aula

O alumnado de 1.º ESO ralizou un obradoiro de cerámica na aula durante o mes de marzo

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

      I.       

Club de lectura

A xente dos clubs de lectura disfruta dunha adaptación do Manga nos cines As Cancelas. De 1º de ESO a 1º de Bacharelato convivindo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut