Skip to Content

Acceso á universidade

ABAU 2023. Instrucións de matrícula

Instrucións de matrícula

Para a matrícula nas probas de ABAU en realidade hai que realizar dous trámites:

1. Solicitar o título de Bacharel:

NOTA: Non facer o pago antes de recibir as notas de 2º de Bach

2. Prematrícula nas probas ABAU

                - presencialmente en oficina bancaria. O pago efectúase antes da prematrícula no centro, e hai que aportar no  centro o xustificante de pago.     

               - telematicamente a través de Nerta. Esta modalidade de pagamento realízase despois da prematrícula no centro, despois de ter recibido os datos de acceso no teu correo electrónico e activar a conta na aplicación. Instrucións Nerta

                     (Non activar a conta en Nerta ata que non recibas no teu correo electrónico o código necesario)     

  • Documentación a aportar no centro para realizar a prematrícula:
    • Impreso de solicitude do título de bacharelato cuberto.
    • Xustificante de pago das taxas do título de Bacharelato, por duplicado.En caso de pagamento online das taxas do título, o xustificante xerado no momento do pagamento. Se se fai presencialmente no banco, o documento selado pola entidade bancaria.
    • Xustificante de pago de ABAU, -agás en caso de pagamento online-, por duplicado.
    • Impreso de matrícula ABAU cuberto, por duplicado.
    • Fotocopia do DNI
    • En caso de familia numerosa, orixinal e fotocopia do libro de familia
    • En caso de Gratuidade: Documento acreditativo

 

PRAZO DE MATRÍCULA DO VENRES 19 AO LUNS 22 DE MAIO

Horario de atención no centro:

    • Para evitar aglomeracións, convén que a matrícula se faga por grupos, en horario de 09 a 14. Preferentemente, o venres 19 matrícula do alumnado con primeiro apelido ata a letra M (incluída), e o luns 22 o alumnado restante. 
    •  O martes 23 o alumnado debe revisar no centro os seus datos de matrícula ou comprobalos a través de NERTA, podendo interpoñer na secretaría do centro reclamación aos mesmos, ata as 14:00. Ese día recollerán en secretaría o certificado de Celga 4 e o seu historial académico.

 ABAU: COMISIÓNS DELEGADAS E SEDE DOS EXAMES

As comisións delegadas son os lugares onde se celebran os exames da ABAU, podes consultar a relación delas neste arquivo. O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II examínase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no Campus Norte.

PROTOCOLO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU

É importante ler con atención o protocolo que rexerá a realización das probas.

ABAU 2023. Instrucións para a realización das probas

Publicada no diario oficial de Galicia (DOG) do día 21 de febreiro de 2023 a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2023, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2022/23, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24.

Calendario xeral

Horario ABAU

ABAU 2022. Instrucións para a realización das probas

Xúntase a Resolucióndo 11 de febreiro de 2022, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para realizar, dentro do curso 2021/22, a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2022/23:

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022

Recordade que podedes consultar toda a información relacionada coa realización das ABAU neste ano académico no apartado correspondente na web do IES Arcebispo Xelmírez II e na web da CIUG (http://ciug.gal/).

Preinscrición e matrícula na universidade para o curso 2020-21

Resumo do procedemento de preinscrición e matrícula na universidade en Galicia 2020

Ver o seguinte arquivo

 

Procedemento e prazos reclamacións cualificacións 2º Bacharelato

Publicada na web da Consellería de Educación o procedemento para a reclamación das cualificacións de 2º Bacharelato.

Na convocatoria ordinaria o prazo de reclamación é o 10 e 11 de xuño (ata as 14:00)

Na convocatoria extraordinaria o prazo é o 3 e 4 de setembro.

 

ABAU 2020. Instrucións

ABAU 2019. Cartel

ABAU 2019. Instrucións para a realización das probas

Publicada no diario oficial de Galicia (DOG) do día 21 de febreiro de 2019 a Resolución do 11 de febreiro de 2019, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2018/19, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/20.

ABAU 2018. Convocatoria de matrícula

Mañá mércores 9 de maio ábrese o prazo de matrícula anticipada para a convocatoria ordinaria de xuño de 2018 da proba ABAU para o alumnado que xa estea en posesión do título de Bacharelato. Para o alumnado que cursa 2º de Bacharelato neste ano académico o prazo de prematrícula será do 24 ao 28 de maio.

Toda a información de datas e procedementos podedes consultala no ficheiro adxunto que corresponde á convocatoria de matrícula.

ABAU 2018. Instrucións para a realización das probas

Xúntase a Resolución do 27 de marzo de 2018, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2017/18, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/19:

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2018

Recordade que podedes consultar toda a información relacionada coa realización das ABAU neste ano académico no apartado correspondente na web do IES Arcebispo Xelmírez II e na web da CIUG (http://ciug.gal/).

ABAU 2018. Instrucións para o alumnado publicadas pola CIUG

A CIUG ven de publicar no día de hoxe unha circular con instrucións importantes para o alumnado que se presente ás ABAU no 2018, en relación con aspectos como: a presentación, a matrícula, a realización dos exames ou o material permitido, entre outras cousas.

Podedes consultala premendo na imaxe sobre esta liñas ou nesta ligazón: Instrucións ABAU 2018.

Ponderacións das materias para o acceso ás ensinanzas universitaris no curso 18/19 e notas de corte do curso anterior (Actualizado)

Distribuir contido


by Dr. Radut