Skip to Content

Polos creativos

Programa

Polos creativos

Características do programa

O programa pretende a creación nos centros educativos, de lugares que fomenten a creatividade e a formación de alumnado nun contexto de aprender facendo. Está baseado na aprendizaxe activa e manipulativa, a aprendizaxe baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais.

Estes espazos funcionan como centros de actividades nos que mediante distintas dinámicas como obradoiros tanto alumnado como profesorado, e no seu caso as familias, poden desenvolver proxectos mediante a experimentación, o prototipado e a construción. Poden ser desde pequenas prácticas de investigación a proxectos baseados na abordaxe de problemas reais, incluso cun enfoque Fab Lab de fabricación e innovación a pequena escala.

Dotación material

Para desenvolver o programa o centro recibiu o seguinte material:

  • Equipo de procesado audiovisual formado por: estación de procesado, pantalla grande de calidade e 2 tabletas.
  • Equipación audiovisual formada por: cámara dixital de foto e vídeo con obxectivos intercambiables e trípode, trípode de alta estabilidade, gravador de audio, cascos auriculares, sistema de gravavación completo, equipo multifunción color tamaño A3, escáner 3D.
  • Mobiliario metálico: carro para desprazar pequena equipación e banco de traballo ou superficie fixa de traballo para maquinaria.
  • Pequena maquinaria e ferramenta formada por: trade eléctrico gran potencia e accesorio para uso en columna, trade de batería, mini trade de bricolaxe con set de consumibles e accesorio para uso en columna, lixadora delta e set completo de lixas de diferente grao e para materiais distintos, caladora con set completo de follas de corte, sistemas de aspiración de seco e húmido semioprofesional, cortadora-fresadora CNC, conxunto de ferramenta manual, soldador de estaño, conxunto de coitelos de precisión, pistola de pegamento termofusible con consumibles, pistola de aire quente con consumibles, pistola de aire quente regulable e máquina e coser.

Máis información en Espazos Maker

Árbore pitagórica - ΠΥƟATOPIKÓN ΔÉNAPON

O alumnado de 1º ESO traballou o teorema de Pitágoras construíndo unha árbore Pitagórica.

A Árbore de Pitágoras é un plano fractal construido a partires de cadrados inventado polo profesor Albert E. Bosman en 1942. Leva o nome do matemático grego Pitágoras xa que en cada unión de 3 cadrados, fórmase un triángulo rectángulo nunha configuración tradicional utilizada para representar o teorema de Pitágoras.

A construcción da árbore de Pitágoras comeza cun cadrado, sobre este cadrado constrúense dous cadrados, cada un reducido á metade do anterior de forma que as esquinas dos cadrados coincidan dous a dous.

Desta forma, vemos que o cadrado maior ten como área a suma das áreas dos dous cadrados pequenos, así que pódese ver claramente que: h² = a² + b²

Obras Aula Maker

No presente curso o noso centro ten sido elixido coma un dos dez centros en toda Galicia en participar no proxecto “Aula Maker”, coa creación dun aula multidisciplinar enfocada ao desenvolvemento de proxectos nos que o alumnado deseñe, planifique e constrúa todo tipo de materiais e dispositivos. 

É o primeiro ano dun proxecto ambicioso que pretende xerar unha dinámica de traballo interdisciplinar baseado na filosofía “Maker”, ou “Faino tí mesmo”, unha das principais tendencias pedagóxicas do momento.

E como comenzo do proceso, este ano tocou reformar aulas, preparar e decorar o espazo, e montar todo o material co que está dotado o proxecto, de modo que quede dispoñible para a realización de proxectos por todo o alumnado.

Como parte da filosofía Maker, foron os propios alumnos e alumnas os encargados de levar a cabo partes do proxecto, pintando, montando, organizando e planificando. O espíritu Maker xa está impregnando o centro!

Distribuir contido


by Dr. Radut