Skip to Content

Ops!

Un ano máis, e xa van catro, o alumnado de 4º ESO do noso instituto participou nun obradoiro de portugués ofrecido polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago: "OPS! Falamos portugués. O portugués simples". Neste caso amais por partida tripla xa que a responsable impartiu o curso durante tres días, 11, 12 e 13 de decembro a outros tantos cursos. Agardamos que aproveitasen a ocasión!.

OPS!

Visita: CIMUS USC

O alumnado de STEMbach de 1º de Bacharelato e o da materia de Psicoloxía de 2º de Bacharelato visitaron o CIMUS para coñecer parte do traballo de tres grupos de investigación: @UnisemSantiago (enfermidade de Párkinson), @GMXenomica (Trastornos do Neurodesenvolvemento) e ·#MolecularMetabolism (relación entre algunhas zonas do encéfalo e comportamento alimenticio).

Tanto o profesorado acompañante como o alumnado quedou moi satisfeito coa visita, non só polos temas tratados senón polas magníficas e interesantes explicacións. A maior riqueza do CIMUS son as persoas que traballan nel. O noso máis sinceiro agradecemento!

Sempre dicimos e mesmo e cumprímolo: voltaremos

Visita ao CIMUS

Visita ao CIMUS

Cine coa directora Jaione Camborda

O pasado 10 de decembro o alumnado de 4ESO tivo o enorme privilexio de asistir a un obradoiro de cine coa directora Jaione Camborda. De orixe vasca, Jaione leva algúns anos instalada afortunadamente na nosa lingua e cultura. Tanto é así que acaba de estrear nos cines Arima, a súa primeira longametraxe coa que xa colleitou notables éxitos coma no festival de Sevilla ou en Márgenes. Daquela, a nosa gratitude cara esta integrante do chamado Novo Cinema Galega por compartir o seu saber e experiencia connosco.

Conferencia sobre cinematografía

Conferencia sobre cinematografía

El IES Xelmírez II rescata en sus aulas la burla negra del Prestige

 Burla negra

J. GÓMEZ

SANTIAGO / LA VOZ 30/11/2019 05:00 H

Apostolos Mangouras, el último capitán del Prestige, envió una carta al alumnado de la materia de Griego moderno del IES Xelmírez II en enero del 2003; y estudiantes y docentes del centro se sumaron a los numerosos grupos y personas que acudieron a limpiar las playas afectadas por la catástrofe ecológica que provocó aquel petrolero en noviembre del 2002. Esos elementos complementan la exposición con materiales sobre aquel siniestro que estuvo en la USC y que recibe el IES Xelmírez II, el primer centro que la aprovecha con fines didácticos. Desde el 17 de noviembre, para rememorar el aniversario del accidente, y hasta la próxima semana, la utilizan para dinamizar las aulas de varias materias: Biología, Química, Filosofía, Galego, Historia y otras. 

Margarida Mariño: chelo e pedais

O pasado 28 de novembro o alumnado de 2ºBACH tivo a sorte de escoitar a unha das nosas música máis innovadoras: Margarida Mariño. Acompañada do seu violonchelo e duns pedais electrónicos achegounos outro xeito de facer música co que está triunfando na escena máis alternativa de Europa. Todo un auténtico luxo e mais cando apareceu acompañada de David, un alumno do centro e futuro mestre violonchelista. Grazas aos dous.

Aquí podedes escoitalos nuns fragmentos:

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

#25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás. Por iso, dende o equipo de Biblioteca do Xelmírez II e Vicedirección organizáronse varias actividades dentro do "Día Internacional contra a Violencia de Xénero". Entre elas a elaboración dun vídeo no que participou o alumnado, o profesorado e o persoal non docente do centro, a creación de lazos violetas humanos e a lectura de fragmentos de textos literarios relacionados con esta temática.

Fiestinema: festa do cine francófono para xóvenes

50 alumnas e alumnos de 3.º de ESO asistiron o xoves 21 de novembro á proxección da película "Comme un Lion" e 22 alumnas e alumnos de 1 bacharelato á proxección do documental "Swagger" o venres 22 de novembro na Sede Afundación en Santiago, nunha actividade ofertada pola Alianza Francesa.

Fiestinema

Fotos cedidas pola AF de Santiago

Obradoiro: Educación afectivo-sexual

O día 20 de novembro estivo no noso centro Noa Tilve (Quérote +) para impartir un obradoiro de "Educación afectivo-sexual" destinado ao alumnado de 3.º de ESO.

Con este obradoiro , búscase que a mocidade poida ter unha información fiable e que coñeza un recurso profesionalizado ao que poder recurrir se lle xurden dúbidas en relación a este tema.

Os obxectivos son :

  • Reforzar as habilidades para aprender a distinguir o que gusta e o que non en relación coas demais persoas.
  • Promover a vivencia da sexualidade do xeito máis pracenteiro, responsable e satisfactorio posible
  • Reflexionar sobre as relación afectivas
  • Promover o diálogo e a asertividade e empatía nas relación de parella
  • Traballar os límites e a responsabilidade persoal.

Visita á Biblioteca Pública Ánxel Casal

Biblioteca Ánxel Casal

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Os días 6, 13 e 20 de novembro os alumnos e alumnas de 1.º ESO visitaron a " Biblioteca Ángel Casal" dentro do plan de formación dos usuarios.

Asistencia á gala: Día da Infancia. 30 anos

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, en coordinación coa Xunta de Galicia e coa Plataforma de Infancia estatal, conmemora o 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia.

As aportacións sobre reivindicacións que os alumnos e alumnos de economía de 4º ESO expuxeron o 20 de novembro na Sede da Xunta de Galicia para amosar a importancia da educación na resolución de conflitos e a necesidade de poñerlle freo ao acoso escolar, foron escoitadas polas entidades de infancia asistentes e sobre todo polos responsables políticos, facendo desta maneira que os nenos e as nenas sexan coñecedores dos seus dereitos e suxeitos reivindicadores.

Igualmente a presentación do evento por dous estudantes de 1º de bacharelato CC Sociais, Alán Álvarez e Uxía Martínez que tan ben o realizaron, fixo que tamén foran as estrelas do acto.

Infancia01

Infancia02

Infancia03

Dháunae de Vir: creadora dixital

Onte 19 de outubro o alumnado de 2ESO tivo unha visita moi especial: Dhaunae de Vir. Dhaunae é unha enxeñeira informática nacida en Cervantes e instalada dende hai hai entre Londres e Estocolmo onde, na actualidade, desenvolve o seu traballo en Paradox. Con moitos anos de experiencia no eido da creación dixital e de produtos transmedia, foi videoxogadora profesional e produtora e deseñadora de diversos videoxogos e xogos de rol. Tamén se aventurou no cinema onde chegou a conseguir un premio Bafta. E hai uns días foi unha das relatora do último Lgx15 onde transmitiu a súa preocupación polo uso da lingua nos contidos transmedia.

Hoxe estivo co noso alumnado falándonos dos seus proxectos e, sobre todo, respondendo a moitas das súas curiosidades nun dos ámbitos que mellor dominan. Por certo,, interesante a recomendación que lles deixou: "tedes que xogar menos tempo pero mellor, máis intelixentemente". Un auténtico luxo do que vos deixamos unha pequena mostra fotográfica.

Gañadoras do Concurso de relatos curtos de medo

O martes 19 de novembro tivo lugar a entrega dos premios do "Concurso relatos curtos de medo" que se organizou dende a biblioteca.

Primeiro premio: "Rosana a moneca" de Alba Vidal Seijo.

Segundo premio: "En la oscuridad" de Andrea Alonso Míguez

Terceiro premio: "La mejor noche del año" de Lara Liñares Pombo

O xurado estivo formado polos profesores/as: Yésica Blanco, Paula Fernández e Paulino Vázquez.

Parabéns ás gañadoras e grazas aos participantes no concurso.

Relatos Medo

A continuación podes ler os relatos gañadores.

Rosana a moneca.

Charla: Programa eduemprende Actúa - IGAPE

O día 19 de novembro un total de 86 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º bacharelato que cursan a materia de Economía asistiron no centro a charla sobre Emprendemento por parte dun representante do IGAPE dentro do programa ACTÚA da Conselleria de Educación.                             

Ademáis o xoven emprendedor Adrián Acevedo de Boanerges Mercado, narrou a súa propia experiencia vital dende os inicios con tan so 20 anos ata actualidade sendo moi aplaudido polos nosos rapaces e rapazas. 

O noso agradecemento a ambos e ata o próximo curso!

AVISO: Roupa esquecida

A roupa que queda esquecida do instituto queda depositada na conserxería do centro.

Ó remate do curso, se ninguén veu a recollela, será doada a unha ONG.

Distribuir contido


by Dr. Radut