Skip to Content

Modelos de exames para as ABAU 2020

A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) vén de publicar na súa páxina web modelos de exames para as ABAU 2020, adaptados á situación actual de pandemia por coronavirus.

Cualificacións da 2ª avaliación

Infórmase ao alumnado e ás súas familias que as cualificacións da segunda avaliación sairán publicadas en abalarmobil o vindeiro venres día 3 de abril ás 10:00 h. Se algunha familia aínda non ten instalada a aplicación, poden atopar axuda para a súa descarga e instalación na web do espazo abalar e teñen tamén á súa disposición unha guía de uso na mesma web.

En caso de dúbida ou para solicitar  aclaración ou máis información respecto a algunha cualificación poden poñerse en contacto co/coa profesor/a por medios telemáticos ou, de non ser posible esa opción, enviar un correo electrónico a ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal ou chamar aos teléfonos 881867055 ou 604031798 en horario de 10 a 13 h.

Información importante para 2º Bacharelato

Informamos ao alumnado de 2º de bacharelato e ás súas familias que de momento aínda non hai publicadas instrucións ou resolucións específicas sobre como vai ser a evolución do curso unha vez remate a suspensión das clases ou sobre datas e formas de realización da ABAU. Esta proba está adiada sine die. É moi importante, por tanto, que o alumnado siga coas súas tarefas a distancia para manter o ritmo de traballo e estar preparados para afrontar de forma satisfactoria o que quede de curso unha vez reincorporados ás clases.

Manterémolos informados cando surxa algunha novidade ao respecto.

ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O ESTADO DE ALARMA

En consonancia coas medidas adoptadas trala declaración do estado de alarma, a atención ao público non será presencial, e farase de maneira telefónica, a través dos números 881867055 ou 604031798, en horario de 10 a 13, ou na dirección de correo electrónico ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal

Tódolos trámites administrativos están suspendidos e adiados, incluído o proceso de admisión de alumnado.

Se algunha alumna ou algún alumno dese positivo na proba de coronavirus, deberá ser inmeditamente comunicado ao centro a través dos medios citados.

A titorización online do alumnado está nalgúns casos terminando de ser deseñada. Se nuns días aínda non teñen instrucións ao respecto, póñanse en contacto co centro.

As matemáticas do coronavirus

 19/03/2020

 

O seguinte vídeo está en inglés, se non dominas este idioma, activa os subtítulos en castelán 

12/03/2020

Se estás pensando en que vas estar dúas semanas de vacacións le o seguinte artigo:

¿Cómo se compara el coronavirus con la gripe? Los números dicen que es peor

Se tomamos como índice reproductivo da gripe 1,45 o número total de enfermos na fase n sería 10·1,45^n e se tomamos o do coronavirus como 2,7 o número total de enfermos na fase n sería 10·2,7^n. O índice do coronavirus é aproximadamente o dobre do da gripe pero ao ser unha función exponencial, o número de enfermos por coronavirus aumentaría moitisísimo máis que por gripe.

Ainda que a taxa de mortalidade do coronavirus sexa menor que o da gripe, o número de mortos absoluto sería moito maior porque haberá moitos máis enfermos.

SUSPENSIÓN DAS CLASES

O IES Arcebispo Xelmírez II lembra a toda a comunidade educativa que a Xunta de Galicia decretou a suspensión da actividade lectiva a partir do vindeiro luns 16 de marzo, durante 14 días, e  recomenda a non asistencia ás aulas xa mañá venres 13 de marzo.

Tendo en conta que a decisión da Consellería obedece a motivos de saúde pública, e que toda ausencia mañá por parte do alumnado ten o carácter de xustificada, a recomendación prevalece sobre a realización de exames, probas ou exposicións. A non asistencia ás aulas non terá en ningún caso repercusión negativa na avaliación do alumnado.

Charla: O valor da igualdade

O venres 28 de febreiro de 2020 a Medalla de Ouro en Kata, Para-Kárate, a galega Cristy Tojo estivo no noso centro para falar co alumnado de 4.º ESO e co de Valores Éticos de 3.º ESO sobre “O valor da igualdade”.
Cristy achegouse ao alumnado con frescura, sinxeleza e xenerosidade para compartir a súa visión dos graves problemas de desigualdade que hai na nosa sociedade.

Cristy Tojo

O núcleo da charla centrouse nas desvantaxes que teñen para practicar e competir as persoas con discapacidades.

A partires de aí, con exemplos concretos da súa propia vida e da súa contorna (que é a nosa: creceu en Negreira, fundou o seu propio club en Santiago de Compostela e adestra na nosa cidade sen ter apoio institucional), foi contando e explicando como a discriminación (por exemplo do colectivo LGTBIQ) é unha violencia, como a invisibilización é unha violencia (por exemplo das persoas con discapacidades que compiten e que gañan medallas), como, en fin, o importante é vivir en harmonía e paz sen molestar ás demais persoas polo seu cor de pel, ou por a quen aman, ou por ter distintas capacidades que a media, ou …

Admisión alumnado 2020/2021

- Lexislación

- Presentación de solicitudes - Impresos

- Prazos

- Baremo e letras desempate

 -Vacantes para admisión

Todo o alumnado que fixo reserva nos centros adscritos está admitido.

Joseba Muruzábal e as avoas heroínas

Hoxe estivo co alumnado de Educación Plástica no noso centro o artista plástico Joseba Muruzábal. Sen dúbida, é un dos artistas máis importantes do momento ao encher as nosas vilas e cidades coas nosas avoas ás que dota de superpodes. Hoxe soubemos de como se xesta toda ese traballo.

Joseba

Visita: FINSA

O 20 de febrero os alumnos de economía de empresa visitaron a FINSA-Santiago para coñecer de primeira man a realidade empresarial.  A visita transcorriu por cada unha das fases do proceso de elaboración de taboleiros e mobles, mediante unha audioguía. Finalmente os responsables de RRHH e Xestión mostraron ao nosos alumnado diversos aspectos coma a formación requerida para cada posto de traballo así coma aspectos da xestión propia dunha empresa de gran tamaño.

Agradecendo a atención prestada, especialmente a Beatriz Sanchez del Rio da Area de personal, esperamos poder volver noutra ocasión. 

FINSA

14 de febreiro: corazóns de papel.

O 14 de febreiro é o día do amor e da amizade e na Biblioteca do Xelmírez II decidimos celebralo cun taller de origami impartido por Pilar Figueroa. Nesta ocasión, Pilar mostrounos como realizar corazóns.

Yolanda Castaño e a poesía galega última

O pasado 12 de febreiro o alumnado de 4.ºESO puido desfrutar da presenza dunha das nosas poetas máis relevantes: a coruñesa Yolanda Castaño. Durante case unha hora debullou de xeito ameno e didáctico o panorama poético galego dos últimos 30 anos e do que ela forma parte de xeito moi activo. Aquí vos deixamos un breve resumo.

Exposición: Con-ciencia de mujer

Con motivo do "Día Internacional da muller e a nena na ciencia" nun dos taboleiros do vestíbulo podedes  achegarvos a unha pequena exposición na que se analiza o papel da muller na ciencia. 

A exposición recibe o nome Con-ciencia de mujer e conta con material aportado pola profesora de Lingua Castelá, Paula Fernández.

Con-ciencia

Tamén partillamos un vídeo no que se analiza o chamado "Efecto Matilda".

III Premio Stephen Hawking

A alumna de 2.º de bacharelato do noso centro, Alba Candal Parafita, acadou un terceiro premio na terceira edición do premio Stephen Hawking co traballo "Estudo sobre a validez de uso dun interferómetro de difracción por orificio para a colocación dunha placa metálica", tamén presentaron traballos os alumnos de 2.º de bacharelato, Martín Blanco Lagares e Gael Garabal Codesido, "Identificación dun fármaco neuroprotector para a dor neuropática de orixe iatroxénica" e Mª Belén Hernández Garabal, Rita S. León Lamelas e Andrea Rodríguez López, "¿Qué mutación tiene esta levadura y cómo podemos solucionarlo?".

O premio está organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, nel pode participar alumnado de 4.º ESO e 1.º e 2.º de Bacharelato, este ano o tema para o desenvolvemento dos traballos era "Exploración" e estaba coordinado por Teresa Rodrigo Anoro, física do Comité de Política Científica do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN)

Distribuir contido


by Dr. Radut