Skip to Content

Defensa dos traballos de investigación da V Promoción do STEMbach

O xoves 21 de marzo foi a data elixida para a defensa dos traballos de investigación da promoción 2022-24. A presidenta da xornada foi a Prof. Dra. Mª Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC, e cunha impresionante traxectoria docente, investigadora e divulgadora, así como impulsora de innumerables actividades e proxectos de difusión e fomento da ciencia e das matemáticas.

Foi hai xa seis cursos, no ano 2018, cando botou a andar este programa en 14 centros de Galicia, un deles o Arcebispo Xelmírez II, naquel momento en fase inicial e que hoxe constitúe un proxecto consolidado con moitos máis centros participantes.

Neste xa longo percorrido deste programa no noso centro, temos conseguido incorporar ao mesmo alumnado das modalidades de Ciencias Sociais e Humanidades do bacharelato, ademáis do alumnado da modalidade Científica que con maior frecuencia se asocia ao ámbito STEM. Foron moitos os proxectos de investigación desenvolvidos e defendidos con éxito, nos máis diversos campos e temáticas.


     

     


Os traballos defendidos e o alumnado autor dos mesmos foron os seguintes:

"Detección de xenes de resistencia a antibióticos, codificados en plásmidos transmisibles de bacterias entéricas illadas dun curso fluvial" por Alejandro Gondelle Peinó, dirixido polo Prof. Dr. Carlos Rodríguez Osorio e pola Dra. Ana Vences Lorenzo, e titorizado por Rosa P. Quintela Sende e Juan Quintáns Rial.

"Revisión e avaliación de programas de reeducación de agresores en violencia de xénero" por Iria López Romeo e Alba Vidal Seijo, dirixido polo Prof. Dr. Ramón Arce Fernández, e titorizado por María del C. Rey Sobral e María Cristina Brión Calo.

"Análise do comportamento de fuxida fronte a humanos en especies de aves presentes en parques urbanos e zonas rurais de Santiago e a súa contorna" por Manuel Leal Cernadas e Alén Espiña Otero, dirixido polo Prof. Dr. Jesús Domínguez Conde, e titorizado por Rosa P. Quintela Sende e Juan Quintáns Rial.

"Aplicacións do concepto de inversión respecto dunha circunferencia á inversión de curvas planas e á análise de mecanismos" por Manuel Sande Vigo, dirixido polo Prof. Dr. Manuel E. Ladra González, e titorizado por Luis Mateo Sáez Abuín.

"Cálculo de ecuacións de sólidos de revolución mediante cuaternios" por Nuria Guerra Casal, dirixido polo Prof. Dr. Daniel Cao Labora, e titorizado por Luis Mateo Sáez Abuín.

Todos eles acadaron a cualificación máxima de 10 puntos, e os membros das comisións cualificadoras (a propia Elena Vázquez Cendón e un docente ou investigador especialista no campo, designado especificamente para cada un dos traballos, ademáis do coordinador do programa STEMbach no centro) destacaron a gran calidade de todos eles, que valoraron equivalente á dun bo traballo de fin de grao (TFG) universitario.

Parabéns a todos eles.

https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/blog/

Día Internacional da Muller no IES Arcebispo Xelmírez II

O IES Arcebispo Xelmírez II, dentro do programa de actividades de marzo, quixo visibilizar e revalorizar o traballo das nosas mulleres. Grazas a todas por colaborar no noso mural e feliz día da Muller para todas.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

Do 1 de marzo, e ata o 20 do mesmo mes, estará aberto o prazo para solicitar praza en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato en centros sostidos con fondos públicos (centros públicos e concertados).

Deberán facer esta solicitude as familias que desexen un cambio de centro para continuar estudos da mesma etapa, e as familias que desexan un centro non adscrito no caso de cambio de etapa (de primaria a secundaria, ou de ESO a Bacharelato) As familias con alumnado escolarizado no noso centro que desexen continuar estudos nel non deben facer nada.

A solicitude de praza realízase ben presencialmente no centro solicitado, ben a través da aplicación admisión alumnado:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

O criterio de centro para a baremación das solicitudes é: procedencia dun centro de ensino público.

 

Adxúntase listaxe das prazas vacantes para o curso 2024-2025. Esa listaxe tamén está publicada no taboleiro do centro. 

Cúpulas Leonardo

Durante toda a semana o alumnado dos distintos cursos da ESO construíu, coa axuda do profesorado da materia, as diferentes estruturas das famosas cúpulas e Leonardo e, como podedes ver nas imaxes, a experiencia foi moi enriquecedora e divertida.

As pezas para o desenvolvemento da actividade foron cedidas pola Fundación Escola Rosalía de Vigo.

Pódense ver máis fotos na ligazón Fotos

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado

matriculado no curso 2023-2024 en 1º e 2º de bacharelato. Adxuntamos nesta mensaxe o enlace ao texto íntegro e ao

extrato da orde.

Conferencia do Dr. Miguel González Blanco no STEMbach

O doutor Miguel González Blanco, investigador do CiMUS da USC, pronunciou no noso centro unha conferencia para o alumnado STEMbach.

Nesta charla, puido compartir co alumnado a súa traxectoria investigadora, desde a súa etapa predoutoral ata a actualidade. Ademáis, explicou con enorme claridade os aspectos esenciais do traballo que desenvolve na investigación de reparación do ADN.

Moitísimas grazas ao Dr. González Blanco, así como ao CiMUS, por esta motivadora conferencia, e por compartir con nós o seu valioso tempo e os seus inmensos coñecementos.

https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/blog/

O alumnado STEMbach visita a Facultade de Matemáticas

O xoves 11 de xaneiro, o alumnado STEMbach tivo a oportunidade de visitar a Facultade de Matemáticas da USC no Campus Sur.

A decana da facultade, a profesora Elena Vázquez Cendón, deunos a benvida e presentou á profesora Elena Vázquez Abal, que impartiu unha marabillosa conferencia, "Medindo como se curvan as cousas", que nos fixo reflexionar a todos sobres diferentes xeometrías posibles.

 

Moitísimas grazas á USC, á Facultade de Matemáticas e ás profesoras Elena V. Cendón e Elena V. Abal pola súa dispoñibilidade, pola calurosa acollida e pola calidade da conferencia.

https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/blog/

 

Reserva de praza para bacharelato no curso 2024-2025.

De cara ao vindeiro curso 2024-2025, pregámoslles que cubran o seguinte formulario de reserva de praza de bacharelato neste centro e o entreguen en conserxería antes do vindeiro 31 de xaneiro. 

 

Xornada de portas abertas

O vindeiro mércores 24 de xaneiro, ás 18:30, terá lugar a xornada de portas abertas do IES Arcebispo Xelmírez II.

Esperámosvos!!

Calendario de probas de materias pendentes (Segundo Trimestre)

16/01/2024 08:50

Adxúntase calendario para a realización das probas das materias pendentes correspondentes ao segundo trimestre.

Convocatoria VIII edición Premio Ofelia Devesa

Convócase o VIII  Premio Ofelia Devesa de Educación Activa, ao que se pode presentar o alumnado do centro cunha curta divulgativa. Hai dúas categorías: para alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, e para alumnado de 4º ESO e Bacharelato. En cada unha delas entregaranse tres premios, dotados con 350, 250 e 150 euros.

Animamos a que todo o alumnado desenvolva a súa creatividade e participe neste premio. A data límite de entrega é o 26 de abril. Lembramos que o traballo presentado debe entregarse anonimamente, polo que na curta non deben figurar créditos que permitan identificar a súa autoría.

As bases da convocatoria pódense consultar no seguinte enlace

STEMbach en Xenebra (IV)

Chegou o noso día grande! Visitamos o CERN.

Foi unha xornada absolutamente impresionante: inicio no antigo ciclotrón, co que todo comezou, visualizando un vídeo espectacular con proxección de imaxes sobre o propio acelerador; a continuación, o noso guía, Nicolas Strangmann, levounos a ver a zona central de control de todos os aceleradores que operan no complexo do CERN, e para rematar acompañounos á ubicación do experimento ALICE, relacionado co campo no que el traballa.

 

 

Pola tarde, trasladámonos a velocidades relativistas ata o detector LHCb, onde nos agardaba María Vieites para guiarnos na visita á zona de control e á caverna na que se ubica. As imaxes din máis que todas as palabras.

 

 

Grazas infinitas aos nosos guías polo seu entusiasmo e a súa total implicación.

https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/blog/

STEMbach en Xenebra (III)

El miércoles madrugamos (no demasiado) e hicimos un pequeño paseo al borde del lago que nos llevó al Museo de Historia de las Ciencias, en la villa Bartholoni, que no pudimos visitar el día anterior.

 

Disfrutamos mucho con la visita: el marco en el que se exhiben instrumentos de medición y experimentación científica, junto con maquetas interactivas modernas, es magnífico.

Después de visitar el museo, nos acercamos al Parc des Bastions; hubo tiempo para unas micropartidas de ajedrez y también para visitar el Muro de los Reformadores.

   

Por la tarde, de camino al Museo de Historia Natural pudimos contemplar la preciosa Iglesias Rusa. La visita al museo fue breve (cierran a las 17:00 horas) pero valió la pena.

 https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/blog/

STEMbach en Xenebra (II)

A previsión do tempo para o martes 12 non pintaba ben, e non foi mellor do esperado.

Tivemos sorte cedo pola mañá: non chovía e puidemos achegarnos á Place des Nations para ver o monumento Broken Chair e achegarnos á entrada para contemplar o Paseo das Bandeiras (desde fóra, iso si).

As obras no complexo da ONU non permiten facer unha visita guiada en boas condicións. A continuación, achegámonos ao edificio do Museo da Cruz Vermella.

   

Dado que seguía sen chover, decidimos visitar o Xardín Botánico.

   

Posteriormente, acabouse a sorte! Quixemos entrar no museo de Historia das Ciencias, pero os martes pecha...Cambio de plans, e tempo para visitar a Zona Vella e comer, pero o tempo non permitía gran cousa. Aínda así, pola tarde atrevémonos co banco de madeira máis longo do mundo, a Catedral, a súa torre con vistas e o impresionante órgano e un pequeno paseo.

Mesmo atopamos nunha chocolatería as marmitas que conmemoran o papel que supostamente tivo a Mère Royaume na defensa da cidade en 1602, victoria que se conmemora cada ano no festival L'Escalade (este ano na fin de semana previa, do 8 ao 10 de decembro).

       

https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/blog/

Distribuir contido


by Dr. Radut