Skip to Content

O IES Arcebispo Xelmírez II contra a violencia de xénero

Con motivo do Día internacional contra a violencia de xénero, 25 de novembro,  dende o equipo da biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez II  animamos a toda a comunidade educativa a crear un muro contra a violencia de xénero durante toda a semana. Cada un de nós aportará o seu ladrillo cunha mensaxe para deixar claro que rexeitamos calquer tipo de violencia (física, coacción, amenazas, ....) hacia a muller.



CARTEL DA ACTIVIDADE

Orde do 6 de novembro de 2020 que regula a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

16/11/2020 12:19

Publicouse no DOG do 13 de novembro a orde do do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da consellería no curso 2020-2021. Trátase de máscaras hixiénicas reutilizables.

É beneficiario da axuda o alumnado que recibiu axuda para adquirir material escolar. Non ten que realizar agora ningún trámite.

O alumnado que non recibiu axuda para adquirir material escolar pode solicitar ser beneficiario do reparto de máscaras se cumpre algún dos seguintes criterios:

-ter unha renda per capita igual ou inferior a 6.000 € (exercicio fiscal de 2018)

-estar matriculado en educación especial, estar baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ter unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda

A solicitude debe facerse presencialmente no centro. Os formularios poden descargalos aquí.

O prazo de solicitude remata o 27 de novembro.

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Mes da ciencia                           

 

 

 Con motivo do Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) as Bibliotecas celebramos o 

MES DA CIENCIA EN GALEGO.

 

 

  Na nosa Biblioteca Arcebispo Xelmírez II dispoñemos de libros e revistas de temática científica en galego. Non dubides en solicitalos. Aquí vos deixamos algúns de mostra:

2º Concurso de Relatos curtos de MEDO

A Biblioteca Arcebispo Xelmírez II convoca por 2º ano consecutivo o "Concurso de Relatos curtos de MEDO", anímate a participar enviando antes do 21 de novembro a túa composición.

Consulta aquí as bases para o concurso.     O xurado vai tremer de MEDO!!!!

Actividades do maratón de astropartículas

Os días 14 e 16 de outubro desenvolveuse no IES Arcebispo Xelmírez II a Maratón de Astropartículas (https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/2020/10/25/maraton-de-astroparticulas/), un ciclo de charlas e actividades para o alumnado de 4º ESO (todo o alumnado) e 1º e 2º de bacharelato (de física e química e física, respectivamente) no marco da realización en Galicia desta actividade, grazas ao empeño da nosa compañeira Raquel Veira, do CPI O Cruce de Cerceda, e ao tesón da coordinadora da actividade, Mª Dolores R. Frías, que lidera este proxecto de divulgación financiado pola FECyT. Participou tamén alumnado do IES Rosalía de Castro (Santiago), co cal as actividades desenvolvérense en tres centros diferentes.

O maratón de astropartículas chega a Santiago de Compostela (e bisbarra...)

Entre o mércores 14 e o venres 16 de outubro de 2020 terá lugar o Maratón de Astropartículas en Santiago de Compostela.

Coordinado por Mª Dolores Rodríguez Frías, catedrática de Física na Universidade de Alcalá de Henares, é o resultado dun proxecto do FECyT.

Nesta ocasión, visitarán o IES Arcebispo Xelmírez II (mércores e venres pola mañá), así como o CPI O Cruce de Cerceda e o IES Rosalía de Castro. No noso centro haberá charlas e talleres para o alumnado de 4º ESO, e 1º e 2º de bacharelato (bacharelato científico e alumnado de Física).

Entre os poñentes das numerosas actividades, atópanse Luis del Peral (UAH), Gonzalo Parente (USC), Víctor Tilve e Ramón I. Marzoa (Observatorio de Javalambre), Mario Gómez (Univ. de Huelva) e Josefina Ling (USC).

https://spas.uah.es/

Presentouse o STEMBach 2020-21

Este mércores 8 de outubro realizamos a presentación do programa STEMBach. A pesar das dificultades desta situación, temos unha enorme ilusión por seguir desenvolvendo todas aquelas actividades e iniciativas que sexa posible. Iremos informando, e tamén... podes achegar suxestións ou ideas. Por que non?

Para comezar, debatemos sobre a planificación do curso e sobre os avances que se levan realizado nos traballos de investigación que lerán os compañeiros de 2º curso ¡Teñen moi boa pinta!

Tamén visualizamos o vídeo de promoción deste programa (https://youtu.be/UqnZ8aLf-b4) que preparamos para este inicio de curso. ¡Bótalle unha ollada e dános a túa opinión!

AVISO- Horario de oficina

Os días 6,78 e 9 de outubro a oficina de administración permanecerá pechada. 

Unicamente se atenderán os trámites urxentes. 

Para contacto usen o correo do centro: ie.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal ou  no teléfono 881 867 055.

Desculpen as molestias

Declaración responsable

Lembramos ás familias que o protocolo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade contra a covid-19 establece a obrigatoriedade por parte das familias antes de enviar os/as alumnos/as ao centro da realización dunha enquisa de autoavaliación covid.

Por outro lado, deben cubrir e asinar a seguinte declaración responsable a principios de curso, que deben entregar ao titor na primeira quincena de curso.

Para máis información remitimos ás instrucións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre medidas a adoptar na volta segura ás aulas

Organización de espazos, sentidos de circulación e organización dos recreos

Nos planos que seguen poden consultar a distribución de espazos, situación das aulas dos diversos grupos e os sentidos de circulación no centro, durante o curso académico 2020-21, resultado da adaptación ao protocolo da Consellería de Educación ante a covid-19:

Así mesmo, informamos de que para garantir o mantemento das distancias de seguridade nos tempos de lecer temos establecidas dúas quendas de recreo e cada nivel ten asignada unha zona do recinto escolar, como poden ver neste documento.

Inicio de curso

Como seguro saben polos medios de comunicación o inicio deste curso escolar estivo rodeado de confusión e incerteza, de maneira que aspectos organizativos clave non quedaron definitivamente fixados ata hai menos de unha semana. Por este motivo demorámonos en enviar esta información.

Por necesidade de ocupación dos espazos de maior capacidade do centro o alumnado de bacharelato asistirá só á presentación do seu grupo e non se incorporará ao centro ata o luns 28 de setembro, xa no seu horario habitual. Lembrámoslle que todo o bacharelato é presencial. O alumnado da ESO asistirá en horario habitual co servizo ordinario de transporte desde o día da súa incorporación.

Polo tanto, o calendario de inicio de curso queda como segue:

Día 23 de setembro:

  • 1º e 2º de ESO: 08:30 h a 14:10 h.
  • 1º de Bacharelato:
    • Grupos A e C: 12:30 h a 13:00 h
    • Grupo B: 13:00 h a 13:30 h
    • Grupos D e E: 13:30 h a 14:00 h

Día 24 de setembro:

  • 3º de ESO: 08:30 h a 14:10 h
  • 2º de Bacharelato:
    • Grupos A e C: 11:30 h a 12:00 h
    • Grupo B: 12:00 h a 12:30 h
    • Grupos D e E: 12:30 h a 13:00 h

Día 25 de setembro:

  • 4º de ESO: 08:30 h a 14:10 h

 

Fondo solidario de libros de texto. Entrega dos libros e vales para material escolar

A entrega dos libros  de texto do fondo solidario e do vale para material, de ser o caso, farase  segundo o seguinte calendario:  

DÍA                         HORA                               CURSO

XOVES 17             18:00 - 20:30                     4º ESO

VENRES 18           17:30 - 20:30                     2º ESO

LUNS 21                17:30  - 20:30                    1º ESO

MARTES 22           17:30 - 20:30                     3º ESO

A recollida debe facela o  pai, nai ou titor/a legal do  alumnado ou  unha persoa maior de idade que conte coa autorización destes.

Lémbrase a obriga do uso de mascarilla e manter en todo momento as distancias de seguridade.

Fondo solidario de libros de texto. Listaxe definitiva

Publicadas as listaxes definitivas do FONDO SOLIDARIO de libros de texto no taboleiro de anuncios, as persoas interesadas poden consultalas personalmente no centro, ou chamando por teléfono.

Tamén poderán consultar a súa solicitude de axudas na aplicación fondo libros, no menú lateral cidadán accedendo con certificado electrónico ou chave 365.

Na seguinte semana publicarase o calendario de entrega.

Aspectos organizativos do curso 2020-2021

A continuación presentámoslles tres documentos moi breves (cliquen en "Ler máis" para velos) que resumen as normas que debemos seguir todos, tanto persoal docente e non docente como alumnado e familias. Pregámoslles que os lean con atención e sexan escrupulosos no seu cumprimento. Por parte do centro, poden contar co noso máximo esforzo e implicación na súa aplicación.

Ante calquera dúbida, póñanse en contacto co centro.

Normas para o alumnado

Normas para as familias

Medidas adoptadas polo centro

Adiado o comezo de curso

A Consellería de Educación tomou o venres 11 de setembro a decisión de adiar o comezo de curso ata os días 23, 24 e 25 deste mes, mantendo a incorporación gradual do alumnado por niveis:

1º e 2º de ESO e 1º de Bacharelato, o mércores 23 de setembro

3º de ESO e 2º de Bacharelato o xoves 24 de setembro

4º de ESO o venres 25 de setembro

Haberá servizo de transporte escolar en horario ordinario.

Neses días o alumnado non terá o seu horario habitual de clases, senón que se dedicarán a presentación de profesorado, aulas virtuais, e a familiarizarse con tódalas normas derivadas da aplicación do plan para a prevención fronte á covid-19.

Distribuir contido


by Dr. Radut