Instrucións de matrícula
Para a matrícula nas probas de ABAU en realidade hai que realizar dous trámites:
1. Solicitar o título de Bacharel:
NOTA: Non facer o pago antes de recibir as notas de 2º de Bach
2. Prematrícula nas probas ABAU
- presencialmente en oficina bancaria. O pago efectúase antes da prematrícula no centro, e hai que aportar no centro o xustificante de pago.
- telematicamente a través de Nerta. Esta modalidade de pagamento realízase despois da prematrícula no centro, despois de ter recibido os datos de acceso no teu correo electrónico e activar a conta na aplicación. Instrucións Nerta
(Non activar a conta en Nerta ata que non recibas no teu correo electrónico o código necesario)
- Documentación a aportar no centro para realizar a prematrícula:
- Impreso de solicitude do título de bacharelato cuberto.
- Xustificante de pago das taxas do título de Bacharelato, por duplicado.En caso de pagamento online das taxas do título, o xustificante xerado no momento do pagamento. Se se fai presencialmente no banco, o documento selado pola entidade bancaria.
- Xustificante de pago de ABAU, -agás en caso de pagamento online-, por duplicado.
- Impreso de matrícula ABAU cuberto, por duplicado.
- Fotocopia do DNI
- En caso de familia numerosa, orixinal e fotocopia do libro de familia
- En caso de Gratuidade: Documento acreditativo
PRAZO DE MATRÍCULA DO VENRES 19 AO LUNS 22 DE MAIO
Horario de atención no centro:
- Para evitar aglomeracións, convén que a matrícula se faga por grupos, en horario de 09 a 14. Preferentemente, o venres 19 matrícula do alumnado con primeiro apelido ata a letra M (incluída), e o luns 22 o alumnado restante.
- O martes 23 o alumnado debe revisar no centro os seus datos de matrícula ou comprobalos a través de NERTA, podendo interpoñer na secretaría do centro reclamación aos mesmos, ata as 14:00. Ese día recollerán en secretaría o certificado de Celga 4 e o seu historial académico.
ABAU: COMISIÓNS DELEGADAS E SEDE DOS EXAMES
As comisións delegadas son os lugares onde se celebran os exames da ABAU, podes consultar a relación delas neste arquivo. O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II examínase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no Campus Norte.
PROTOCOLO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU
É importante ler con atención o protocolo que rexerá a realización das probas.