Skip to Content

Construíndo no vestíbulo cúpulas de Leonardo

 

Entre esas actividades que nos gusta amosar e compartir con toda a comunidade educativa está a desenvolvida polo departamento de Matemáticas do centro na semana do 22 ao 26 de xaneiro. O alumnado dos distintos cursos da ESO construíu, coa axuda do profesorado da materia, diferentes estruturas das famosas cúpulas autoportantes de Leonardo e, como podedes ver nas imaxes, a experiencia foi moi enriquecedora e divertida.

Trátase dunha aplicación das matemáticas na vida real e como actividade resulta positiva a moitos niveis. Por un lado pon en valor o traballo en equipo para chegar a un bo resultado, por outro potencia a creatividade e habiidades de manipulación e, obviamente, está en relación directa con contidos de matemáticas principalmente de xeometría.

Comezaron coas estruturas mais sinxelas, das 11 posibles a desenvolver, pero pouco a pouco o reto e a dificultade foron subindo de nivel e alumnas e alumnos chegaron a crear cúpulas tan sorprendentes como a que podedes ver na imaxe sobre estas liñas.  

Aproveitamos a ocasión para amosar o noso agradecemento á Fundación Escola Rosalía de Vigo que foi a que facilitou as pezas para o desenvolvemento da actividade.

Máis información | Fundación Escola Rosalía



story | by Dr. Radut